El Lunes, 10 de Julio de 2006 09:17, mvillarino escribió:
> O Domingo, 9 de Xullo de 2006 17:57, Pedro Suarez escribiu:
> > Boas:
> >
> > Quería unirme ó equipo de traducción a galego de KDE, e estiven mirando
> > os paquetes sen traducir, e gustaríame comezar por traducir KDevelop (a
> > pesar de ser un dos máis grandes). Non sei se hai algún problema con
> > isto.
> >
> >
> >
> > Respecto ós envíos ó Subversion, debo enviarllos ó coordinador, ou podo
> > facer os envíos directamente? Dispoño de conta no servidor, polo que en
> > principio non tería problema para facelo eu mesmo.
>
> Até onde eu sei, non hai problema. Penso que a última persoa que fixo algo
> nese módulo debin ser eu, e non cheguei a tocar nen o ficheiro desktop nen
> o ficheiro kdevelop.pot. Considera-te amo e señor.
>
> Se desexas unha versión auxiliar baseada nunha tradución semi-automática,
> poderia fornecerche unha na norma que desexes. Evidentemente, non é unha
> panacea, pero aforraria-che tempo.
Pois sería perfecto :) O kdevelop.po ten moitísimas entradas e sería de axuda.

Respecto a norma, hai certas cousas que non teño claro se seguides un criterio 
ou se cada un traduce máis ou menos como lle parece. Un exemplo é o das 
terminacións tipo "Opción/Opzón", que parece que non son coherentes ó longo 
de todas as traduccións feitas.

>
> Eu envio todo o traballo ao coordenador, e este encarga-se de sobi-lo. Pero
> claro, eu non teño aceso de escrita ao repositorio.
>
> Benvido.

Attachment: pgp5fk0mgBnjl.pgp
Description: PGP signature

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a