Ola Pedro:
Na normativa da RAG opción, delegación, licenza, espazo...

Polo que entendo as reamtadas en -ción seguen así e as rematadas en -cio ou -cia pasan a -zo -za

Que me corrixa alguén se me erro.




Pedro Suarez escribió:
El Lunes, 10 de Julio de 2006 09:17, mvillarino escribió:
  
O Domingo, 9 de Xullo de 2006 17:57, Pedro Suarez escribiu:
    
Boas:

Quería unirme ó equipo de traducción a galego de KDE, e estiven mirando
os paquetes sen traducir, e gustaríame comezar por traducir KDevelop (a
pesar de ser un dos máis grandes). Non sei se hai algún problema con
isto.



Respecto ós envíos ó Subversion, debo enviarllos ó coordinador, ou podo
facer os envíos directamente? Dispoño de conta no servidor, polo que en
principio non tería problema para facelo eu mesmo.
      
Até onde eu sei, non hai problema. Penso que a última persoa que fixo algo
nese módulo debin ser eu, e non cheguei a tocar nen o ficheiro desktop nen
o ficheiro kdevelop.pot. Considera-te amo e señor.

Se desexas unha versión auxiliar baseada nunha tradución semi-automática,
poderia fornecerche unha na norma que desexes. Evidentemente, non é unha
panacea, pero aforraria-che tempo.
    
Pois sería perfecto :) O kdevelop.po ten moitísimas entradas e sería de axuda.

Respecto a norma, hai certas cousas que non teño claro se seguides un criterio 
ou se cada un traduce máis ou menos como lle parece. Un exemplo é o das 
terminacións tipo "Opción/Opzón", que parece que non son coherentes ó longo 
de todas as traduccións feitas.

  
Eu envio todo o traballo ao coordenador, e este encarga-se de sobi-lo. Pero
claro, eu non teño aceso de escrita ao repositorio.

Benvido.
    

_______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a