Estiven boténdolle un ollo, moi por riba ao archivo
desktop_extragear-network_kmldonkey.pot, e as sentencias a traducir son do
tipo "Comment=MLDonkey integration setup", ou "Name= algo", etc...

Só quería preguntar ... A primeira parte "Name", "Comment", "Keyword",
etc... Debo traducila? Ou trátase de algún código que hai que deixar intacto
para que logo o programa funcione ben? De traducilas... Hai algún estándar
(tipo : comment -> comentario/ou ben comment-> comentarios)... Por non meter
a pata, máis que nada, jeje...

Xa de paso, e por si houbera que traducilos... Como traduzo "keywords"?
Clave? palabra clave?...

PD (offtopic): Dúas cousiñas. Hai algún "histórico" desta lista que poida
consultar? e... Qué é iso dunha reunión?

Grazas e saúdos, xente!

E outra cousa... como traducides "daemon"? Xa, xa sei que estou algo
preguntón, ;)
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a