O Luns, 10 de Xullo de 2006 18:38, José Manuel Castroagudín Silva escribiu:

> Só quería preguntar ... A primeira parte "Name", "Comment", "Keyword",
> etc... Debo traducila? Ou trátase de algún código que hai que deixar
> intacto para que logo o programa funcione ben? De traducilas... Hai algún
> estándar (tipo : comment -> comentario/ou ben comment-> comentarios)... Por
> non meter a pata, máis que nada, jeje...

Baixo nengún conceito. Son palabras-chave (keywords) usadas nos 
ficheiros .desktop para indicar o nome da aplicación, a súa  funzón, e cousas 
polo estilo.

> PD (offtopic): Dúas cousiñas. Hai algún "histórico" desta lista que poida
> consultar? e... Qué é iso dunha reunión?

Si, fozando por trasno.net poderás achá-lo.
O da reunión ven de certos "encontros" de opinión que se produciron co gallo 
do concurso que fixo o Cesga para a l10n do OO.org ao galego, en particular 
dos critérios de avaliazón de propostas, e orzas, que a vários dos que 
pasamos por aqui nos pareceron algo esaxeradas.
O único que podo concretar-che acerca do que vai ir é o que dixo APC nun dos 
seus correos:
«En cantos os posibles temas gustaríame pola miña parte comentar a 
«estratexia que estamos valorando para o apoio ao software libre en 
«Galiza, así como escoitar as vosas opinións ou novas ideas nas que 
«poidamos participar ou apoiar a Administración, en concreto comentar os 
«proxectos de traducción de software que creemos necesario ter dispoñibles.»

Usea-se, que aparte de para ver-nos as caras, é para indicar-nos as 
aplicacións e documentación que desexarian ver traducida.
Ainda que en realidade, alguns de nos iremos só por coñecer-nos en persoa ;-)

> E outra cousa... como traducides "daemon"? Xa, xa sei que estou algo
> preguntón, ;)

Depende, eu normalmente poño "servizo", en especial se é unha cousa exclusiva 
do escritório (Beagle, Kat, kgpg, kwallet, notificazóns, d-bus,...). En 
outros casos, penso que teño usado "daemon", (sobre todo para cousas que van 
ven  /etc/init.d/) porque o vocábulo ven de "Disk And Execution MONitor" 
(vixiante de disco e execuzón), o dobre sentido ven de que etimoloxicamente 
sinifica mensaxeiro.
-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpizlHaDDBR0.pgp
Description: PGP signature

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a