Xa estaban xuntas, pero era como dis cousa do sed -e, que tiña que pór -i.
Agora xa funciona, pero aínda así estoume a dar de conta que non me vale a
instrucción, pois omite as cadeas que aínda non comezando por msgstr están
dentro do msgstr (despois del, entre "")
Tentei con
"/^msgstr/,/^$/s/\(^msgstr.*\) \(.*\)\(${replace[$a]}\)\(.*\)/\1
\2${replace[$a+1]}\4/"
que supostamente tería que restrinxir a substitución aos bloques que comezan
por msgstr ( /^msgstr/) e que rematan cunha liña en branco (/^$/). Pero non
funciona.
> O Xoves 27 de Xullo de 2006 ás 01:34, Xabi dicía:
> >for ((a=0; a <= $counter-1; a=a+2)); do `sed -e 's/\(^msgstr.*\)
> >\(.*\)\(${replace[$a]}\)\(.*\)/\1 \2${replace[$a+1]}\4/' *.po` ;done;
>
> Supoño que estas dúas liñas van xuntas, non? Seica non podes
> empezar un ` nunha liña e rematalo noutra. Aínda que sempre podes poñer un
> \ ao final da primeira liña.
>
> De todos modos, no primeiro sed puxeches ben o "sed -i", aquí
> puxeches "sed -e", iso débeche estar a dar problemas ao haber varios *.po
>
> Proba a ver se vai agora...
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno