El jueves, 17 de agosto de 2006 a las 07:16:33 +0200, Víctor Andrade escribía:

> Mandatário s. m. (1) Aquele que recebe mandado ou procuraçom de outro para
> fazer certa cousa. (2) Delegado, representante [lat. mandatariu].

 Ben, tiña eu razón a medias:

mandatario -a s. 1. Der. Persoa que, mediante o contrato chamado mandato,
acepta representar a outra nunha xestión ou nun acto xurídico. Por fin, os
mandatarios chegaron a un acordo sobre o reparto de beneficios na empresa.
2. Pol. Titular dun mandato político. Asistiron os presidentes da U.E. e
outros mandatarios.

 Nembargantes, sigo dicindo que "apoderado" é máis coñecido que
"mandatario".

apoderado -a adx. 1. Que ten moito poder. Alí estaba a xente máis apoderada
da vila. CF. podente, poderoso. // s. 2. Persoa que ten autorización doutra
para representala e actuar no seu nome. Cando marchou ó estranxeiro deixou
un apoderado para que se encargase dos seus asuntos.

 (O dicionario é o da RAG).

> >  Así que non vos guiedes moito polo francés.
> Nem polo castelhano, que parece que é a medida de todas as cousas. Cada
> dúvida que temos com o galego, recorremos ao castelhano dialectalizando o
> primeiro. Vós veredes.

 E tede coidado tamén co portugués, que cando vos decatedes non ides
pronunciar as vogais, ou vocais, ou como as chamen esta semana.

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a