El miércoles,  9 de agosto de 2006 a las 16:58:16 +0200, Leandro Regueiro 
escribía:

> >> format = formatar, formatear?
> > Formatar.
> No meu dicionario aparece formatear...

 Pois éche "formatar".

> >> pattern
> > Patrón (e "template" tamén é "patrón").
> pattern = Patrón, estándar, tesela, mosaico. Sobra algún ¿non?

 É que depende do contexto. Cando me preguntan unha palabra tento dar
tódolos significados porque moitas veces depende (se a cada palabra nun
idioma lle correspondera sempre outra noutro idioma, isto había ser moito
máis doado).

> >> reference
> > Referencia, ¿non?
> Coma verbo supoño que sería referirse a

 Pois si.

> >> rename
> > Cambiar o nome (non hai "renomear").
> No meu diccionario aparece renomear citando o seu uso na informática

 E co mal que soa...

> >> gradient
> > Gradiente.
> Traducindo o Inkscape vin que se usaba degradado. Confirmeino
> consultando a tradución do gimp.

 Pois tamén.

> >> indent
> > Nun texto: sangrar. Derivado: sangría.
> Máis abaixo falaron de indentar. Eu prefiro sangrar, pero deixamos
> indentar coma opción alternativa? eu diría que non...

 É que "indentar" é un barbarismo. O correcto é "sangrar", en galego e en
castelán.

> >> render
> > Representar, debuxar.
> Preguntaba polo uso que se fai coma renderizar...

 Pois representar, debuxar... :-)

> >> attribute
> > Atributo.
> máis abaixo citaban característica...

 "Atributo" é un termo habitual cando se fala de obxectos (obxectos en
Informática, non cousas físicas).

> >> trace
> > Trazar, calcar, seguir.
> delinear ou algo así non vale, ¿non?

> Tamén vale. Vecto que a partir dun mapa de bits extrae un camiño (path),
> ou sexa que vectoriza a imaxe. Poderiase usar vectorizar?

 Para iso en particular, si. Vectorizar unha imaxe de mapa de bits é
convertela nunha imaxe de vectores, así que si :)

> >> flip
> > Invertir, virar.
> será inverter...

 A partires de agora para min ha ser "invertar".

> >> tile
> > Mosaico, azulexo.
> tesela podería valer, pero para o contexto no que aparece en Inkscape
> non me convence ningunha. Alí falan de clonar obxectos... Non sei como
> explicalo, podedes baixar o Inkscape e ir ó menú Editar -> Clonar ->
> Create tiled clones...

 Crear un mosaico de clons

> >> guideline
> > Guidelines: Liñas mestras, directivas, normativa, orientacións.
> non Inkscape hai unhas liñas que sacas das regras e serven para guiar
> ou algo así. Eu usei liñas de guía

 Liñas-guía

> >> highlight
> > Resaltar.
> e resalte tamén. Falaban de realzar, pero non caio en cal é o substantivo...

 Realce.

> >> plot = representar?
> > Debuxar, trazar.
> e representar non? "plot the sin(x) function"

 Tamén.

> >> publisher
> > Editor (dun libro)
> e se non é dun libro senon dun documento...

 Depende. O problema é se se confunde "editor" cun programa editor de textos
ou con quen o mecanografou.

 Realmente, o "publisher" dun libro é a editorial. O editor é "editor", que
non é o autor nin un mecanógrafo con outro nome, senon un empregado da
editorial que trata co autor (ou cos seus avogados).

> >> segment = sector
> > Segmento (de liña).
> No Inkscape tiven que usar sector, para os sectores coma os dos
> diagramas de sectores

 Ah, neste caso si.

> extrude = extruir, extrudir. Extrusión si que existe, pero non sei cal
> é o verbo...

 Por iso non o puxen. Paréceme máis probable "extrudir".

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a