Leandro:
Discrepo, penso que se debe usar o nome orixinal, segundo a túa teoría seguiríamos con Orense, La coruña, Gerona, Tarragona...
O que non sepa que aprenda, como xa comentei nun correo anterior penso que o de traducir ao galego ten tamén labor educativa. De todos modos é unha opinión.
Saudos

Leandro Regueiro escribió:
Ola,
só quero comentar que ainda que é boa idea respectar os nomes
orixinais dos paises, etc. únicamente adaptándoos ó noso alfabeto,
tamén é certo que hai moita xente que sabe que é Londres pero non o
que ven sendo London. En casos nos que haxa unha adaptación deste tipo
que estea bastante asentada, é mellor usala.

Queda no aire o de facer unha especie de glosario de nomes de paises,
rexións, moedas, linguas e cidades (creo que non me comin ningún).
Jacobo, ¿os nomes de cidades, paises, codificacións que hai no
ficheiro .po do firefox
http://darcs.tarrio.org/mozilla_gl-ES/firefox-1.5_gl.po están
comprobados dalgún xeito ademais dese de dicir que a ti che parecen os
correctos?

Ata logo,
               Leandro Regueiro

_______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a