Ola:
Eu penso que cousas como istas son as que habería que consensuar (ou
razoar o por que desta elección).
Saúdos
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
Xabi García escribiu:
Bueno, creo que o glosario do Cesga ter un traballo
cientifico-lingüistico da investigación bastante potente
Xa se viu, pero se ata o de agora se extendeu o uso de "fiestra", por exemplo
en case todas as traducións de software libre (polo tanto, en porcentaxe maioritario, en
case todas as traducións de software ao galego), non sei que tipo de investigación foi a
que se efectou para chegar a conclusións a contracorrente. Eu agardo que sexa un motivo
lingüístico serio, e non unha escolla arbitraria ou mesmo subxectiva do lingüista
encargado. De escoller arbitrariamente, habería que escoller a máis extendida, como se
fai habitualmente.