Si, xa sei que Juan é obseso dos xogos de rol :), cando o pille
pídolle axuda. Por se el me falla xa coñezo a dous ou tres dos que
xogan con el aquí na Coruña.

Vexo que tes experiencia, Marce. Eu estou a ver se remato a campaña
Herdeiro ó Trono para que me aparezan máis cousas na axuda e enterarme
de como é o xogo.

Teño certas dúbidas para as que ti igual tes tradución:

quintain
swamp creo que o vou traducir coma brañas
hotkey-> atallo de teclado
binding-> combinación asociación
overlay-> superpoñer superpor

e cando atope máis heinas compilar e mandareinas á lista.

Estou intentando traducir o máis exactamente os nomes das unidades
pero só consigo atopar unhas poucas cousas no diccionario. Ata
palabras das que sei a tradución exacta non veñen no diccionario, é
incrible. Cando teña cartos a ver se merco un diccionario decente.

Voulles protestar para que dividan os ficheiros .po como deus manda,
porque está o wesnoth-editor que en teoria é para o editor de mapas e
no cal só están a metade das cousas que aparecen nel. Tamén temos o
wesnoth-lib que ten as cousas que lle faltan ó outro e ademais ten
traducións das ventás de preferencias e algunha outra cousa solta. E
despois temos o catálogo wesnoth, que é grandisimo e ten cousas tan
dispares coma os consellos do "tome of wesnoth", a sección de axuda,
algunha cousa da parte das preferencias, e todo o demais agás as
campañas.

Agora mesmo estou traducindo estes tres catálogos e maila campaña
Herdeiro ó Trono e mailo Titorial.

Ata logo,
              Leandro Regueiro

Responderlle a