Só unha pequena puntualización. O de edu.xunta.es non é o dicionario da RAG, e está desactualizado (é normativa anterior a xullo 2003).

dmunhiz wrote:
En principio para min, se hai unha opción mais correcta penso que é bo tomar esa, e non continuar a usar algo que sabes que está mal. Para iso están os dicionarios, non? que traballen os da rag, e cando eles decidan que editar é modificar usamos editar, non?
Ollo, esta é a miña opinión.

Consultar o dicionario da rag
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp?Termo=editar

Consultar o estravis
http://www.agal-gz.org/estraviz/modules.php?name=Dictionary&file=pesquisar




Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


Leandro Regueiro escribiu:
Non sei eu. Mira que estiven pensando en se traia ou non o diccionario
e ó final deixeino alá.

Eu case deixaría iso estar como está xa que é algo que está moi
espallado e aceptado, igual que library->librería.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

On 8/4/07, dmunhiz <dmun...@gmail.com> wrote:
 Ola:
 quería propor para por no glosario como tradución de edit:
modificar/corrixir, posto que é doado que se traduza por editar e iso en
galego (se non me erro) significa outra cousa (editar: publicar).
 Saúdos
 --
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html




Responderlle a