> > > > (de feito poderían ser coma 80000 cadeas máis!) pero corresponden a
> > > > programas coma dia, sodipody, anjunta, networkmanager...
> >
> > Para o carro, para que imos traducir o sodipodi se o inkscape é
> > mellor, e estouno traducindo eu, tiña pensado despois dos exames
> > meterlle man á axuda. Nacho, se queres podes coller o .po do inkscape
> > e intentar traducir o .po do sodipodi con el, a ver que sae de aí.
> > Igual un día me poño co sodipodi que básicamente son o mesmo, só que
> > inkscape ten 2500 cadeas e sodipodi creo que non chega a 500.
>
> Con respecto ao sodipodi: Eu só traduzo programas que uso. Ou polo menos
> agora que xa non teño tanto tempo coma antes. Por conseguinte como non uso
> o sodipodi non o traduzo.

De feito como o uses é para che dar cun croio. O Inkscape está
moitisimo máis avanzado. Non comprendo como non quitan ese programa da
lista xa, hai anos que non se desenvolve. Pero descoida, xa collerei
eu o .po do sodipodi cando teña tempo.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a