Estimados amigos e amigas: Escríbovos de parte de Suso Baleato, novo coordinador de Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre para transmitirvos o seguinte convite:
*Mancomun.org convida á comunidade na participación no BROffice* Mancomun.org vai explicar a súa experiencia na tradución, distribución e difusión de OpenOffice.org nun relatorio a través de videoconferencia no BrOffice, encontro internacional que terá lugar en Brasil e que ten por obxectivo a dinamización da comunidade de desenvolvemento de OpenOffice.org, así como promover a integración con usuarios finais. Mancomun.org ofrece a posibilidade a persoas involucradas na tradución do Software Libre, no OpenOffice.org ou na lusofonía de estar presente durante o relatorio de Mancomun.org que terá lugar o venres 26 de outubro de 14:40 a 15:20 no reitorado da Universidade de Santiago de Compostela situado na Praza do Obradoiro. Debido ás grandes limitacións do aforo requírese que se confirme a asistencia enviando un correo ao enderezo [email protected] -- Xoán Fernández Mancomun.org Iniciativa Galega polo Software Libre www.mancomun.org [email protected] Telf: 981 56 98 10 Ext:247 Fax: 981 59 46 16 Centro de Supercomputación de Galicia Avda. de Vigo s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela

