Hahaha, non será pra tanto ho!. O meu é unha revindicación persoal. Cando lle dis a alghén, -no', é que son biólogo- mirante con cara de "eh" e espetan o de -eso que é, o dos bichos?-. A xente non ten idea de que as famosas "analíticas" que che fan nos hospitais non as fan os médicos, que a todo isto non teñen nin idea de como facelas, senón biólogos. E para iso tes razón, hai que pasar pola estatística e as mates, que están en tódolos lados (e grazas!).
El Thursday 27 December 2007 14:25:05 Leandro Regueiro escribió: > On Dec 27, 2007 1:25 PM, Miguel Branco <[email protected]> wrote: > > Igualmente, saudos!. > > > > Se necesitas axuda coa terminoloxía científica dalgúns paquetes axudo > > encantado (kmplot, kalzium, kalgebra...). Por moi incrible que pareza os > > biólogos temos que andar finos coas matemáticas e a estatística. ;) . > > Pois serache porque as matemáticas e maila estatística son precisas en > todas partes. O que sempre me pareceu máis raro foi que a xente que > tira por un bacharelato tecnolóxico tivera que estudiar linguas, etc. > Se total sigo sendo un ser humano totalmente antisocial, mira ti de > que me valeu... > > Ata logo, > Leandro Regueiro

