Felís Aninovo!! Estamos na recta final, rapaces!. A tradución está case ó 80%, pasámoslles ós chinos (n'amais ós simples) e temos ós Catalás e Italianos a tiro de pedra. A base está ó 100%. Un honroso 16º posto.
Nestes 4 días, aparte de cura-la chea (de cava e de langhostinos, lol) intentarei acabar o que poida de Koffice; así que, porfavor, se alghén se quere mover aí que o avise. Para Kplato engadiron a última hora (haberá sobre 1-2 meses) unha enchenta de liñas e non lle tocarei (de tódolos xeitos paréceme o paquete menos útil para a maioria). Igual pasou con Kspread que engadiron como 1600 liñas basicamente de fórmulas e similares. Espero facer mínimo 300 liñas.

