Por min pradiante, claro. Por ir facendo propostas xa:

Cómo veríades o seguinte: unha xornada, na que houbera unha mesa redonda
onde se amosen distintas experiéncias de localización e pola tarde unha
sesión de traballo intensiva onde nos vexamos as caras todos/as e
poidamos facer posta en común, identificar obstáculos e atopar solucións
ou polo menos pergeñar algunha estratexia para ilas atopando entre
todos?

Penso nunha idea en plan que a primeira parte sexa máis institucional
(se cadra invitando a xente doutras CCAA onde haxa experiéncias de
localización, tipo euskadi, valéncia, cataluña e tal, se cadra
portugal/brasil...) e pola tarde movida máis 'interna' tipo o do xgn
pero con máis tempo e algo de medios.

Pero vaia, que é só unha proposta, vós diredes.

mvillarino escrebeu:
> O Xoves, 3 de Abril de 2008, Leandro Regueiro escribiu:
> > Esa da que comentara durante unha mensaxe que enviei durante a XGN (a
> > cabeza dábame voltas xa) que seria conveniente facer entre tódolos
> > tradutores para ver se nos coordinabamos mellor e montabamos algún
> > tipo de infraestrutura para mellorar e acelerar as traducións. Por se
> > isto che fai lembrar mellor, comentaras que a ver se podia ser en
> > Lugo...
> A!, si si, xa me esquecera. Pois nada, que alguén diga algo, a ser posíbel 
> mancomún.
> 
> 
> -- 
> Best regards
> MV



-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>

Responderlle a