Boas,

Tou en Bruxelas co tema soft libre, desculpade se non contesto coa
celeridade destes días atrás. Agardo voltar o xoves, Irene está ao tanto
de todo.

En canto ao programa por eiquí atoparás

http://www.mancomun.org/novas/eventos/innovacion-e-industria-aposta-polo-software-libre-no-seu-programa-de-actos-para-o-dia-das-letra.html

e tamén por eiquí:

http://www.maisinternetmaisgalego.org/evento.php?estxt=evento08_6&lg=gal

Marce, a vosa parte está na mesa redonda; a idea sería unha rolda de
intervencións de máximo 10 minutos (contadas polo reloxio) para dar paso a
unha pequena posta en común xunto con Helena, xa que a temos. Se alguén
quere levar presentación senza problema, pero deberei insistir no tema do
tempo.

Marce a xente que interviremos na mesa iremos para amosar cada quen dende
a súa perspectiva o tema da tradución de software libre: Nacho dende un
escritorio, Xabier dende unha empresa, Alexandre dende o ciberactivismo,
eu dende a administracion pública... no teu caso sería que lle amosaras un
pouco a perspectiva dun grupo de tradución como é Trasno. Contar o que
facedes, cómo vos organizades... en fin, compartir un pouco con todo o
mundo a vosa movida. Despois das intervencións de cada quen, o tema sería
dar paso a unha posta en común que moderaría Helena na que idealmente
interviría o público.

Despois diso imos comer, pola tarde estamos con Juan Rafael e mais con
Albert e así imos entrando en materia suavesito, imos cear, quen queira se
toma unhas cervexas... e o domingo identificar problemas e buscar
solucións.

Se atopo tempo -e conexión- para actualizar o wiki vou facendo. Senón que
ninguén pida permiso...

Saúdos,

> O Sábado, 3 de Maio de 2008, baleato  escribiu:
> Lamento o crossposting.
>> Polo momento que eu saiba só está o wiki que hai en mancomún, que
>> habería
>> que actualizar coa última info por certo.
>
> A estas alturas, preciso coñecer o lugar e o programa finais.
> @irene: por favor, apura!
>
>> Ahí aparecerá a info que aparecerá na última versión que vos enviei da
>> ficha, cambiando Ramom por Nacho. Ademais haberá que poñer a Marce, que
>> se non lin mal será él quen fale por Trasno.
>
> @trasno: ??? Se non hai oposición, pois vale, falo. Se tal, cando matine
> por
> que facemos falla nacho e máis eu, e en que parte do programa cae a cousa,
> iniciarei un fío pedindo información aos membros. Posibelmente mañá.
> --
> Best regards
> MV
>


-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a