Boas, 

Ando preparando datos pro Mércores que ven, para o cursos de verán da UDC e no 
que expoño en nome de TRASNO e todo isto. 

Necesitaba, por cuestións máis ben prácticas, unha lista dos equipos de 
tradución de GNOME co código de lingua e o estado de tradución actual. 
Visitando 'dammed lies' ou algo asi lle chamades os Gnomos, [ 
http://l10n.gnome.org/languages/ ]  vese un relatorio de linguas rexitradas, 
pero non dá máis datos, senón que enlaza a eles. A cousa está en que está 
traducida o galego, fantástico, pero eu prefería unha lista en inglés dos 
nomes; e non son capáz de facer que a páxina apareza na versión inglesa!. O 
dos códigos é por que existen certos continuos lingüísticos bastante 
relevantes (coma Persian/Tajick ou Urdu/Hindi)  que son nomeados de diferente 
maneira en distintos proxectos en función de non sei que criterio, umm. 
Aparte disto, qué piden na l10n de Gnome para que unha lingua saía coa versión 
seguinte de Gnome?. En KDE 4.1 van a saír as linguas que teñen as librerías da 
kdebase a máis do 75% (+-). Sábense que linguas se incluírán na próxima 
versión de Gnome? Eu aquí vexo moi poucas linguas: 
http://svn.gnome.org/viewvc/gnome-i18n/trunk/ . 

Grazas de antemán. 

Ah, nos próximos días hei pasar a presentación que farei nos cursos de verán 
para aportedes críticas/suxerencias.

Responderlle a