Olá de novo, 

Como xa sabedes, expuxen onte de Carballo. Alí se topaban presentes, creo que, 
toda Tagen Ata (saúdos!, que qué xente simpática!), Suso Baleato (Olá!), JR. 
Pichel de Imaxín e Carmen Suarez da  Rede de Dinamización  da Consellería de 
Inovación e Industría. Pois a parte de poder falar con eles, saquei 
conclusións de todo con respecto á tradución. 

Parte "Xunta", as presentacións de Suso e de Carmen lévanme a pensar que sería 
necesario que Trasno fora unha asociación por motivos meramente burocráticos. 
Suso falou do que é mancomún... e Carmen falou da rede de dinamización, que 
entre outros proxectos, ensinan en obradoiros uso de Linux, GIMP, Pidgin... e 
similares a persoas de todo tipo. Sendo a rede flexible en plantexamento 
poderíamos os Trasnos aproveitarnos en certo momento para que poideramos 
realizar obradoiros de tradución etc (isto é idea miña e suxerencia de 
Suso)... problema, teríamos que ser asociación; e falariamos, entendo, de 
voluntariado. Dinamización ten web, pasade por aí para saber de que falo 
exactamente. 

Parte "Técnica". Pichel falou de opentrad e quedei pasmado por enterarme 
realmente que é. Opentrad é un motor de tradución que funciona aproveitando 
diccionarios de diferentes linguas... e en múltiples formatos. Todo en si é 
código aberto. En realidade usa dous motores, un para linguas próximas 
(apertium) e outro para linguas distantes (que non me acordo). De momento 
teñen certos "pares" como galego-portugués e "castelán-galego", mais non 
"inglés-galego". Teñen certas interfaces, unha pública web, e outras que 
permiten "renderizar" páxinas web en galego, p.ex, "El País" ou "Público" en 
Galego. i.e. "A Voss de Ghaliza" ten "instalado" este servizo de Imaxín e 
permitelles mostrar a Voz en Galego. O que me interesa de todo isto e que 
comentarei por correo a Pichel (non tivemos moito tempo para falar) é que se 
sería posible aproveitarnos de OpenTrad para traducir a documentación do 
software, poñáse as 60000 cadeas de KDE de documentación ou as de Gnome. O 
problema disto sería que inda está por facer o par "inglés-galego", isto 
confirmado por Pichel. Pero si nos valería xa, e coa interface web, para 
traducir do protugués ó Galego ou do Castelán. Eu refirome, porén, a unha 
metodoloxía máis automátizada; como un "servidor" de tradución ó que lle 
poidese enchufar todo un .pot... enteiro. Creo que é unha cuestión da que nos 
podemos aproveitar a longo prazo. 

As exposición en si, pois o público maioría Filólogos... upps, Algo que xa 
contaba e así preparei as diapos, pensando nisto. Vin caras de aburrimento e 
algunha que moi interesada... agora que o de que se pasen pola lista inda que 
só sexa para facer suxerencias terminolóxicas... creo que non. Eu insistir 
insistín, Lol. Parece que lles resultou curioso que haxa alguén traducindo KDE 
a Latín, haha. ( a min tamén mo parece).

Resumo da miña expo:
1. Os produtos tecnolóxicos teñen un impacto cultural
2. Ter productos tecnolóxicos localizados pode considerarse un dereito, e un 
elemento normalizador
3. i18n e l10n. definición
4. Vantaxe de plataformas libres para a localización
5. Metodoloxía básica dunha tradución e o control de calidade baseado na libre 
disposición do código e nos usuarios
6. Ferramentas de escritorio e web de localización, vantaxes e desvantaxes
7. Dificultades na tradución ó galego (moi,moi brevemente): Normativas, a RAG 
é ambigua, a AGAL pode ser preferida nalgúns casos; sendo os proxectos de 
localización ó galego relativamente novos non hai consensos asentados nun 
usuarios acostumados a eles; os tradutores intentamos razoar e chegar a 
consensos en puntos básicos que afecta ó uso do software; somos vangarda na 
tradución de termos tecnolóxicos ó galego, ningunha academia nos pode 
aconsellar en moitos deles; gramática inglesa e xiros
8. As traducións de KDE 4.1, para saír a finais deste mes, e de Gnome 2.24, 
Septembro,  podería dar soporte na súa lingua materna ó 45% e ó 69%!!!!, 
respt., da poboación humana grazas a tradución voluntaria, cifra que ningúnha 
emprega consegue acadar nos seus produtos
9. As linguas minorizadas ou minoritarias e os países en desenvolvemento son 
os que mellor e máis se aproveitan das posiblidades da localización de 
Software Libre
10. Fai falta Xente, Please!. As esixencias non son moi altas. (en realidade 
si, pero era unha mentira piadosa ;) ) 
 
Sodes libres de me criticar a saco polo que contei. hehe. )))

Ah, respecto ó de M$, falando de tradución de software privativo puxen de 
exemplo a Microsoft e dixen algo como que se lle pagara por facelo, e ben caro 
e que era mellor que as traducións que se apoiaran foran de SL. Tamén dixen 
que falaba sen me asegurar e quen quixese saber como fóra o conto que fóra ó 
DOGA. Pichel moi elegantemente ó comezar a súa expo agradeceu que se mentara a 
M$ e aproveitou para dicir "que non se lle pagara a M$" por facer a tradución 
pero engadiu que "outra cousa son os beneficios que puidera obter " a partir 
de aquí. Vale, a miña é a versión "pastrana" dunha certa forma de comercio que 
recorda ó comercio nas feira. 

Para rematar, que xa vai rollo de máis ( sempre fagho = ). 
Asociación?. Hai dúas posibilidades, que formemos asociación (e non falo de 
que tivese que ser unha cuestión inmediata) ou unirse a un grupo de usuarios 
de LInux disposto e pedir que nos acollar como unha "división" adicada a 
tradución. Calquera das dúas podería valer como solución ó que vexo eu que 
necesitamos para que aquí haxa máis xente traducindo de forma estable, que ir 
a buscala. 

Responderlle a