O Xov, 17-07-2008 ás 15:35 +0200, Miguel Branco escribiu:

[...]

> Parte "Técnica". Pichel falou de opentrad e quedei pasmado por
> enterarme realmente que é. Opentrad é un motor de tradución que
> funciona aproveitando diccionarios de diferentes linguas... e en
> múltiples formatos. Todo en si é código aberto. En realidade usa dous
> motores, un para linguas próximas (apertium) e outro para linguas
> distantes (que non me acordo). De momento teñen certos "pares" como
> galego-portugués e "castelán-galego", mais non "inglés-galego". Teñen
> certas interfaces, unha pública web, e outras que permiten
> "renderizar" páxinas web en galego, p.ex, "El País" ou "Público" en
> Galego. i.e. "A Voss de Ghaliza" ten "instalado" este servizo de
> Imaxín e permitelles mostrar a Voz en Galego. O que me interesa de
> todo isto e que comentarei por correo a Pichel (non tivemos moito
> tempo para falar) é que se sería posible aproveitarnos de OpenTrad
> para traducir a documentación do software, poñáse as 60000 cadeas de
> KDE de documentación ou as de Gnome. O problema disto sería que inda
> está por facer o par "inglés-galego", isto confirmado por Pichel. Pero
> si nos valería xa, e coa interface web, para traducir do protugués ó
> Galego ou do Castelán. Eu refirome, porén, a unha metodoloxía máis
> automátizada; como un "servidor" de tradución ó que lle poidese
> enchufar todo un .pot... enteiro. Creo que é unha cuestión da que nos
> podemos aproveitar a longo prazo.

Pero polo de agora as traducións automáticas están moi verdes. Quizáis
estaría ben poder integrar o traductor automático en programas de
tradución de ficheiros .po, coma Gtranslator ou KBabel, para así servir
de axuda, pero o de traducir automáticamente sen revisión humana, polo
menos de momento, non me parece viable.

[...]

> Asociación?. Hai dúas posibilidades, que formemos asociación (e non
> falo de que tivese que ser unha cuestión inmediata) ou unirse a un
> grupo de usuarios de LInux disposto e pedir que nos acollar como unha
> "división" adicada a tradución. Calquera das dúas podería valer como
> solución ó que vexo eu que necesitamos para que aquí haxa máis xente
> traducindo de forma estable, que ir a buscala. 

Eu non estou moi ao tanto do que supón ser unha asociación, pero falarei
tendo en mente o pouco que sei dunha asociación xuvenil que coñezo, pois
supoño que as estruturas burocráticas e todo iso debe ser similar como
mínimo.

A min, desde o meu coñecemento da materia, que como dixen é limitado,
paréceme que o de formar unha asociación é unha boa idea. De todos
xeitos, gustaríame que alguén explicase o que somos agora, e o que
cambiaría no caso de "converternos".

Respecto ao de ser o apartado de traductores de un grupo de usuarios de
Linux, paréceme ben. Pero hai que ter en conta que software libre e
Linux non é o mesmo. Hai software libre non dispoñible para linux, e
sistemas operativos libres que non son Linux (FreeBSD). Polo tanto,
estaría ben un grupo de usuarios galegos de software libre. Claro que
esta idea semella máis ben á versión alternativa á Mancomún da Xunta :-)

Responderlle a