Miguel Branco escribiu:
Olá de novo,

Como xa sabedes, expuxen onte de Carballo. Alí se topaban presentes, creo que, toda Tagen Ata (saúdos!, que qué xente simpática!), Suso Baleato (Olá!), JR. Pichel de Imaxín e Carmen Suarez da Rede de Dinamización da Consellería de Inovación e Industría. Pois a parte de poder falar con eles, saquei conclusións de todo con respecto á tradución.

Parte "Xunta", as presentacións de Suso e de Carmen lévanme a pensar que sería necesario que Trasno fora unha asociación por motivos meramente burocráticos. Suso falou do que é mancomún... e Carmen falou da rede de dinamización, que entre outros proxectos, ensinan en obradoiros uso de Linux, GIMP, Pidgin... e similares a persoas de todo tipo. Sendo a rede flexible en plantexamento poderíamos os Trasnos aproveitarnos en certo momento para que poideramos realizar obradoiros de tradución etc (isto é idea miña e suxerencia de Suso)... problema, teríamos que ser asociación; e falariamos, entendo, de voluntariado. Dinamización ten web, pasade por aí para saber de que falo exactamente.

si que sería interesante poder usar esta infraestrutura para dar cursos de formación en canto á tradución

Parte "Técnica". Pichel falou de opentrad e quedei pasmado por enterarme realmente que é. Opentrad é un motor de tradución que funciona aproveitando diccionarios de diferentes linguas... e en múltiples formatos. Todo en si é código aberto. En realidade usa dous motores, un para linguas próximas (apertium) e outro para linguas distantes (que non me acordo). De momento teñen certos "pares" como galego-portugués e "castelán-galego", mais non "inglés-galego". Teñen certas interfaces, unha pública web, e outras que permiten "renderizar" páxinas web en galego, p.ex, "El País" ou "Público" en Galego. i.e. "A Voss de Ghaliza" ten "instalado" este servizo de Imaxín e permitelles mostrar a Voz en Galego. O que me interesa de todo isto e que comentarei por correo a Pichel (non tivemos moito tempo para falar) é que se sería posible aproveitarnos de OpenTrad para traducir a documentación do software, poñáse as 60000 cadeas de KDE de documentación ou as de Gnome. O problema disto sería que inda está por facer o par "inglés-galego", isto confirmado por Pichel. Pero si nos valería xa, e coa interface web, para traducir do protugués ó Galego ou do Castelán. Eu refirome, porén, a unha metodoloxía máis automátizada; como un "servidor" de tradución ó que lle poidese enchufar todo un .pot... enteiro. Creo que é unha cuestión da que nos podemos aproveitar a longo prazo.

Eu penso que isto é importante de conseguir. Terá pensado Nacho incluir algo así no gtranslator?, non é o mesmo revisar que traducir todo.

As exposición en si, pois o público maioría Filólogos... upps, Algo que xa contaba e así preparei as diapos, pensando nisto. Vin caras de aburrimento e algunha que moi interesada... agora que o de que se pasen pola lista inda que só sexa para facer suxerencias (como xa o vin varias
veces comento que o correcto é suxestións) terminolóxicas...
creo que non.
Viven diso, non o van facer por amor ao arte.
Eu insistir insistín, Lol. Parece que lles resultou
curioso que haxa alguén traducindo KDE a Latín, haha. ( a min tamén mo parece).

Resumo da miña expo:

1. Os produtos tecnolóxicos teñen un impacto cultural

2. Ter produtos tecnolóxicos localizados pode considerarse un dereito, e un elemento normalizador

3. i18n e l10n. definición

4. Vantaxe de plataformas libres para a localización

5. Metodoloxía básica dunha tradución e o control de calidade baseado na libre disposición do código e nos usuarios

6. Ferramentas de escritorio e web de localización, vantaxes e desvantaxes

7. Dificultades na tradución ó galego (moi,moi brevemente): Normativas, a RAG é ambigua, a AGAL pode ser preferida nalgúns casos; sendo os proxectos de localización ó galego relativamente novos non hai consensos asentados nun usuarios acostumados a eles; os tradutores intentamos razoar e chegar a consensos en puntos básicos que afecta ó uso do software; somos vangarda na tradución de termos tecnolóxicos ó galego, ningunha academia nos pode aconsellar en moitos deles; gramática inglesa e xiros

8. As traducións de KDE 4.1, para saír a finais deste mes, e de Gnome 2.24, Septembro, podería dar soporte na súa lingua materna ó 45% e ó 69%!!!!, respt., da poboación humana grazas a tradución voluntaria, cifra que ningúnha emprega consegue acadar nos seus produtos

9. As linguas minorizadas ou minoritarias e os países en desenvolvemento son os que mellor e máis se aproveitan das posiblidades da localización de Software Libre

10. Fai falta Xente, Please!. As esixencias non son moi altas. (en realidade si, pero era unha mentira piadosa ;) )

Eu penso que para que a xente vaia entrando o mellor é facilitar, e a día de hoxe, manexarse con po non é algo doado de xestionar a primeiras, non só é traducir, senón, saber unha vez traducido que facer con el e no caso de ter traducións anteriores reusalas. Alguén coñece o babelzilla? Este é un sistema desde o meu punto de vista moi interesante, todo son facilidades, realmente é doado manter unha tradución con este sistema, polo menos desde o punto de vista do tradutor.


Sodes libres de me criticar a saco polo que contei. hehe. )))

Ah, respecto ó de M$, falando de tradución de software privativo puxen de exemplo a Microsoft e dixen algo como que se lle pagara por facelo, e ben caro e que era mellor que as traducións que se apoiaran foran de SL. Tamén dixen que falaba sen me asegurar e quen quixese saber como fóra o conto que fóra ó DOGA. Pichel moi elegantemente ó comezar a súa expo agradeceu que se mentara a M$ e aproveitou para dicir "que non se lle pagara a M$" por facer a tradución pero engadiu que "outra cousa son os beneficios que puidera obter " a partir de aquí. Vale, a miña é a versión "pastrana" dunha certa forma de comercio que recorda ó comercio nas feira.

Para rematar, que xa vai rollo de máis ( sempre fagho = ).

Asociación?. Hai dúas posibilidades, que formemos asociación (e non falo de que tivese que ser unha cuestión inmediata) ou unirse a un grupo de usuarios de LInux disposto e pedir que nos acollar como unha "división" adicada a tradución. Calquera das dúas podería valer como solución ó que vexo eu que necesitamos para que aquí haxa máis xente traducindo de forma estable, que ir a buscala.
Poida que sexa mellor ir pola nosa conta, máis que nada porque penso que así, inicialmente sempre imos ter máis liberdade á hora de organizarnos. A desvantaxe é que seguro temos máis papelame.

Responderlle a