O Ven, 18-07-2008 ás 08:33 +0200, damufo escribiu:
> Miguel Branco escribiu:
> > Olá de novo,
> > 
> > Como xa sabedes, expuxen onte de Carballo. Alí se topaban presentes, 
> > creo que, toda Tagen Ata (saúdos!, que qué xente simpática!), Suso 
> > Baleato (Olá!), JR. Pichel de Imaxín e Carmen Suarez da Rede de 
> > Dinamización da Consellería de Inovación e Industría. Pois a parte de 
> > poder falar con eles, saquei conclusións de todo con respecto á tradución.
> > 
> > Parte "Xunta", as presentacións de Suso e de Carmen lévanme a pensar que 
> > sería necesario que Trasno fora unha asociación por motivos meramente 
> > burocráticos. Suso falou do que é mancomún... e Carmen falou da rede de 
> > dinamización, que entre outros proxectos, ensinan en obradoiros uso de 
> > Linux, GIMP, Pidgin... e similares a persoas de todo tipo. Sendo a rede 
> > flexible en plantexamento poderíamos os Trasnos aproveitarnos en certo 
> > momento para que poideramos realizar obradoiros de tradución etc (isto é 
> > idea miña e suxerencia de Suso)... problema, teríamos que ser 
> > asociación; e falariamos, entendo, de voluntariado. Dinamización ten 
> > web, pasade por aí para saber de que falo exactamente.
> > 
> si que sería interesante poder usar esta infraestrutura para dar cursos 
> de formación en canto á tradución
> 
> > Parte "Técnica". Pichel falou de opentrad e quedei pasmado por enterarme 
> > realmente que é. Opentrad é un motor de tradución que funciona 
> > aproveitando diccionarios de diferentes linguas... e en múltiples 
> > formatos. Todo en si é código aberto. En realidade usa dous motores, un 
> > para linguas próximas (apertium) e outro para linguas distantes (que non 
> > me acordo). De momento teñen certos "pares" como galego-portugués e 
> > "castelán-galego", mais non "inglés-galego". Teñen certas interfaces, 
> > unha pública web, e outras que permiten "renderizar" páxinas web en 
> > galego, p.ex, "El País" ou "Público" en Galego. i.e. "A Voss de Ghaliza" 
> > ten "instalado" este servizo de Imaxín e permitelles mostrar a Voz en 
> > Galego. O que me interesa de todo isto e que comentarei por correo a 
> > Pichel (non tivemos moito tempo para falar) é que se sería posible 
> > aproveitarnos de OpenTrad para traducir a documentación do software, 
> > poñáse as 60000 cadeas de KDE de documentación ou as de Gnome. O 
> > problema disto sería que inda está por facer o par "inglés-galego", isto 
> > confirmado por Pichel. Pero si nos valería xa, e coa interface web, para 
> > traducir do protugués ó Galego ou do Castelán. Eu refirome, porén, a 
> > unha metodoloxía máis automátizada; como un "servidor" de tradución ó 
> > que lle poidese enchufar todo un .pot... enteiro. Creo que é unha 
> > cuestión da que nos podemos aproveitar a longo prazo.
> > 
> Eu penso que isto é importante de conseguir. Terá pensado Nacho incluir 
> algo así no gtranslator?, non é o mesmo revisar que traducir todo.
Para quen queira seguir o bug deixovos a ligazón aquí:
http://bugzilla.gnome.org/show_bug.cgi?id=508617

Saúdos.

> 
> > As exposición en si, pois o público maioría Filólogos... upps, Algo que 
> > xa contaba e así preparei as diapos, pensando nisto. Vin caras de 
> > aburrimento e algunha que moi interesada... agora que o de que se pasen 
> > pola lista inda que só sexa para facer suxerencias (como xa o vin varias 
> veces comento que o correcto é suxestións) terminolóxicas...
> > creo que non. 
> Viven diso, non o van facer por amor ao arte.
> Eu insistir insistín, Lol. Parece que lles resultou
> > curioso que haxa alguén traducindo KDE a Latín, haha. ( a min tamén mo 
> > parece).
> > 
> > Resumo da miña expo:
> > 
> > 1. Os produtos tecnolóxicos teñen un impacto cultural
> > 
> > 2. Ter produtos tecnolóxicos localizados pode considerarse un dereito, 
> > e un elemento normalizador
> > 
> > 3. i18n e l10n. definición
> > 
> > 4. Vantaxe de plataformas libres para a localización
> > 
> > 5. Metodoloxía básica dunha tradución e o control de calidade baseado na 
> > libre disposición do código e nos usuarios
> > 
> > 6. Ferramentas de escritorio e web de localización, vantaxes e desvantaxes
> > 
> > 7. Dificultades na tradución ó galego (moi,moi brevemente): Normativas, 
> > a RAG é ambigua, a AGAL pode ser preferida nalgúns casos; sendo os 
> > proxectos de localización ó galego relativamente novos non hai consensos 
> > asentados nun usuarios acostumados a eles; os tradutores intentamos 
> > razoar e chegar a consensos en puntos básicos que afecta ó uso do 
> > software; somos vangarda na tradución de termos tecnolóxicos ó galego, 
> > ningunha academia nos pode aconsellar en moitos deles; gramática inglesa 
> > e xiros
> > 
> > 8. As traducións de KDE 4.1, para saír a finais deste mes, e de Gnome 
> > 2.24, Septembro, podería dar soporte na súa lingua materna ó 45% e ó 
> > 69%!!!!, respt., da poboación humana grazas a tradución voluntaria, 
> > cifra que ningúnha emprega consegue acadar nos seus produtos
> > 
> > 9. As linguas minorizadas ou minoritarias e os países en desenvolvemento 
> > son os que mellor e máis se aproveitan das posiblidades da localización 
> > de Software Libre
> > 
> > 10. Fai falta Xente, Please!. As esixencias non son moi altas. (en 
> > realidade si, pero era unha mentira piadosa ;) )
> 
> Eu penso que para que a xente vaia entrando o mellor é facilitar, e a 
> día de hoxe, manexarse con po non é algo doado de xestionar a primeiras, 
> non só é traducir, senón, saber unha vez traducido que facer con el e no 
> caso de ter traducións anteriores reusalas. Alguén coñece o babelzilla? 
> Este é un sistema desde o meu punto de vista moi interesante, todo son 
> facilidades, realmente é doado manter unha tradución con este sistema, 
> polo menos desde o punto de vista do tradutor.
> 
> > 
> > Sodes libres de me criticar a saco polo que contei. hehe. )))
> > 
> > Ah, respecto ó de M$, falando de tradución de software privativo puxen 
> > de exemplo a Microsoft e dixen algo como que se lle pagara por facelo, e 
> > ben caro e que era mellor que as traducións que se apoiaran foran de SL. 
> > Tamén dixen que falaba sen me asegurar e quen quixese saber como fóra o 
> > conto que fóra ó DOGA. Pichel moi elegantemente ó comezar a súa expo 
> > agradeceu que se mentara a M$ e aproveitou para dicir "que non se lle 
> > pagara a M$" por facer a tradución pero engadiu que "outra cousa son os 
> > beneficios que puidera obter " a partir de aquí. Vale, a miña é a 
> > versión "pastrana" dunha certa forma de comercio que recorda ó comercio 
> > nas feira.
> > 
> > Para rematar, que xa vai rollo de máis ( sempre fagho = ).
> > 
> > Asociación?. Hai dúas posibilidades, que formemos asociación (e non falo 
> > de que tivese que ser unha cuestión inmediata) ou unirse a un grupo de 
> > usuarios de LInux disposto e pedir que nos acollar como unha "división" 
> > adicada a tradución. Calquera das dúas podería valer como solución ó que 
> > vexo eu que necesitamos para que aquí haxa máis xente traducindo de 
> > forma estable, que ir a buscala.
> Poida que sexa mellor ir pola nosa conta, máis que nada porque penso que 
> así, inicialmente sempre imos ter máis liberdade á hora de organizarnos. 
> A desvantaxe é que seguro temos máis papelame.
> > 
> 
> 

Attachment: signature.asc
Description: Esta é unha parte de mensaxe asinada dixitalmente

Responderlle a