> Eu penso que para que a xente vaia entrando o mellor é facilitar, e a
> día de hoxe, manexarse con po non é algo doado de xestionar a primeiras,
> non só é traducir, senón, saber unha vez traducido que facer con el e no
> caso de ter traducións anteriores reusalas. Alguén coñece o babelzilla?
> Este é un sistema desde o meu punto de vista moi interesante, todo son
> facilidades, realmente é doado manter unha tradución con este sistema,
> polo menos desde o punto de vista do tradutor.

Si, o método do gettext non é o + práctico para inciados, pero pareceume 
didáctico. Amais, creo que debe de ser o + extendido. ó que ía, fixen unha ou 
dúas extensións unha vez no bubelzilla: a metodoloxía está ben, e sería boa 
para xente que vive secuestrada en Ghüíndouss. Bo punto. 

> Poida que sexa mellor ir pola nosa conta, máis que nadarque penso que
> así, inicialmente sempre imos ter máis liberdade á hora de organizarnos.
> A desvantaxe é que seguro temos máis papelame.

Papelame, ese é o problema. Unha asociación require que se rexistre como tal, 
facer uns estatutos (xa me dixeron en Carballo que nos prestaban un para facer 
un ripeo) e nomear un presi, un vocal e un tesoureiro. Habería que facer 
declaración a facenda, pero non habendo ingresos...

PD: anoto o de "suxestión", ;)

Responderlle a