> Parte "Xunta", as presentacións de Suso e de Carmen lévanme a pensar que
> sería necesario que Trasno fora unha asociación por motivos meramente
> burocráticos. Suso falou do que é mancomún... e Carmen falou da rede de
> dinamización, que entre outros proxectos, ensinan en obradoiros uso de
> Linux, GIMP, Pidgin... e similares a persoas de todo tipo. Sendo a rede
> flexible en plantexamento poderíamos os Trasnos aproveitarnos en certo
> momento para que poideramos realizar obradoiros de tradución etc (isto é
> idea miña e suxerencia de Suso)... problema, teríamos que ser asociación; e
> falariamos, entendo, de voluntariado. Dinamización ten web, pasade por aí
> para saber de que falo exactamente.

Do dos obradoiros xa se falara. De feito se teño tempo e ánimo igual
fago unha pequena charla para as xornadas de alumnos noveis que fan os
do gpul. Malo será que poñan impedimentos.

> Parte "Técnica". Pichel falou de opentrad e quedei pasmado por enterarme
> realmente que é. Opentrad é un motor de tradución que funciona aproveitando
> diccionarios de diferentes linguas... e en múltiples formatos. Todo en si é
> código aberto. En realidade usa dous motores, un para linguas próximas
> (apertium) e outro para linguas distantes (que non me acordo). De momento
> teñen certos "pares" como galego-portugués e "castelán-galego", mais non
> "inglés-galego". Teñen certas interfaces, unha pública web, e outras que
> permiten "renderizar" páxinas web en galego, p.ex, "El País" ou "Público" en
> Galego. i.e. "A Voss de Ghaliza" ten "instalado" este servizo de Imaxín e
> permitelles mostrar a Voz en Galego. O que me interesa de todo isto e que
> comentarei por correo a Pichel (non tivemos moito tempo para falar) é que se
> sería posible aproveitarnos de OpenTrad para traducir a documentación do
> software, poñáse as 60000 cadeas de KDE de documentación ou as de Gnome. O
> problema disto sería que inda está por facer o par "inglés-galego", isto
> confirmado por Pichel. Pero si nos valería xa, e coa interface web, para
> traducir do protugués ó Galego ou do Castelán. Eu refirome, porén, a unha
> metodoloxía máis automátizada; como un "servidor" de tradución ó que lle
> poidese enchufar todo un .pot... enteiro. Creo que é unha cuestión da que
> nos podemos aproveitar a longo prazo.

Se é ese o sistema que usan algúns dos usuarios de chuza para poñer
ligazóns á Voz en galego, mellor fuximos diso. A tradución é tan mala
que a veces é imposible comprender de que demo fala o artigo.

> As exposición en si, pois o público maioría Filólogos... upps, Algo que xa
> contaba e así preparei as diapos, pensando nisto. Vin caras de aburrimento e
> algunha que moi interesada... agora que o de que se pasen pola lista inda
> que só sexa para facer suxerencias terminolóxicas... creo que non. Eu
> insistir insistín, Lol. Parece que lles resultou curioso que haxa alguén
> traducindo KDE a Latín, haha. ( a min tamén mo parece).

Se eu tivera estado alí falaria de que se está traducindo SL a linguas
artificiais coma o Interlingua, Esperanto (este xa é máis normal), ou
Klingon (código de idioma tlh).

> Resumo da miña expo:
>
> 1. Os produtos tecnolóxicos teñen un impacto cultural
>
> 2. Ter productos tecnolóxicos localizados pode considerarse un dereito, e un
> elemento normalizador
>
> 3. i18n e l10n. definición
>
> 4. Vantaxe de plataformas libres para a localización
>
> 5. Metodoloxía básica dunha tradución e o control de calidade baseado na
> libre disposición do código e nos usuarios
>
> 6. Ferramentas de escritorio e web de localización, vantaxes e desvantaxes
>
> 7. Dificultades na tradución ó galego (moi,moi brevemente): Normativas, a
> RAG é ambigua, a AGAL pode ser preferida nalgúns casos; sendo os proxectos
> de localización ó galego relativamente novos non hai consensos asentados nun
> usuarios acostumados a eles; os tradutores intentamos razoar e chegar a
> consensos en puntos básicos que afecta ó uso do software; somos vangarda na
> tradución de termos tecnolóxicos ó galego, ningunha academia nos pode
> aconsellar en moitos deles; gramática inglesa e xiros
>
> 8. As traducións de KDE 4.1, para saír a finais deste mes, e de Gnome 2.24,
> Septembro, podería dar soporte na súa lingua materna ó 45% e ó 69%!!!!,
> respt., da poboación humana grazas a tradución voluntaria, cifra que
> ningúnha emprega consegue acadar nos seus produtos
>
> 9. As linguas minorizadas ou minoritarias e os países en desenvolvemento son
> os que mellor e máis se aproveitan das posiblidades da localización de
> Software Libre
>
> 10. Fai falta Xente, Please!. As esixencias non son moi altas. (en realidade
> si, pero era unha mentira piadosa ;) )

Eu penso que as únicas esixencias son saber galego, inglés e ter ganas
de matarte dous días a aprender o sistema. Despois todo é automático.

> Sodes libres de me criticar a saco polo que contei. hehe. )))
>
> Ah, respecto ó de M$, falando de tradución de software privativo puxen de
> exemplo a Microsoft e dixen algo como que se lle pagara por facelo, e ben
> caro e que era mellor que as traducións que se apoiaran foran de SL. Tamén
> dixen que falaba sen me asegurar e quen quixese saber como fóra o conto que
> fóra ó DOGA. Pichel moi elegantemente ó comezar a súa expo agradeceu que se
> mentara a M$ e aproveitou para dicir "que non se lle pagara a M$" por facer
> a tradución pero engadiu que "outra cousa son os beneficios que puidera
> obter " a partir de aquí. Vale, a miña é a versión "pastrana" dunha certa
> forma de comercio que recorda ó comercio nas feira.

Pois eu ainda sigo ca idea de que se tiraron cartos a esgalla. Se non
se lle pagou a Microsoft (ainda que eu teño a idea de que non cederon
o acceso á súa tecnoloxía de tradución pola cara), entón tiraronse
bastantes cartiños para pagarlle a media ducia de tradutores que seica
traballaron tres meses. Isto lémbrame que hai que buscar info sobre o
tema este para poñelo en posibles transpas futuras.

> Para rematar, que xa vai rollo de máis ( sempre fagho = ).
>
> Asociación?. Hai dúas posibilidades, que formemos asociación (e non falo de
> que tivese que ser unha cuestión inmediata) ou unirse a un grupo de usuarios
> de LInux disposto e pedir que nos acollar como unha "división" adicada a
> tradución. Calquera das dúas podería valer como solución ó que vexo eu que
> necesitamos para que aquí haxa máis xente traducindo de forma estable, que
> ir a buscala

A ver, disto xa falamos moito. Asociación para que? Asociación como?
Só son dúas simples cuestións.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a