Pois resulta que parece que non temos isto claro tampouco (tranquilos, vendo a 
wikipedia en diferentes linguas tampouco... ). 

V.d. http://gl.en.open-tran.eu/suggest/desktop%20environment

hai en tránsito: 
~ ambiente de escritorio
~ entorno de escritorio

Resulta que sigo galipédico  e andiven a editar a wiki para KDE, algunha 
distros (vale... opensuse) e "entorno de escritorio"... upps! aquí esta o 
problema.

~Entorno:  segundo "As normas... actualización, complementos e desviacións", 
Ed. do Cumio, 3º ed, 2003. é un termo incorrecto debendo ser mudado por 
"contorno, arredores, ambiente, medio".  Irindo e Xerais (ed. pre 2003) 
tampouco consideran o termo como válido.

Entorno como "ambiente que rodea a..." só aparece en castelán  namentres que 
en portugués é o seguinte:

{{ Priberam.pt: 
        ~entorno:  s. m.,acto ou efeito de entornar.
        ~entornar:     do Lat.   tornare
 v. tr.,
    despejar, derramar;
    deitar por fora, extravasar, trasbordar;
fig.,
    dissipar, estragar;
 v. int.,
    beber muito.}}

Nada que ver co "desktop environment" :)! 

Certo é que no Estraviz aparece:

{{ Entorno s. m. (1) Regiom que se situa em torno de um determinado ponto. (2) 
Circunvizinhança. (3) Arredores de uma povoaçom, cercanias: estudar o entorno 
físico e cultural do aluno [de em + torno].}}

Entendo que os diccionarios \\RAG-ILGa-philosophy-abide-enduring// se propón 
como errado por considerarse un castelanismoe así aparece no noso excelso 
glosario. Sendo así creo que parece lóxico descartar "entorno de escritorio", 
non? e escoller alternativa. 


Así que fago caso do que me din e leo: 

CONTORNO:
{{ Digalego.com (Ir Indo)
        1        s m
        1       Liña que limita exteriormente unha superficie ou un corpo.
        2       Liña imaxinaria que rodea un corpo cunha medida equivalente ao 
seu 
grosor.
        3       Medida desta liña.
        2       s m Territorio que rodea un lugar ou unha poboación. (!!!)
                  SIN:  perímetro, perfil, silueta, contorna, redonda, volta.
                  CFR:  periferia}}


Interesante punto dous. Só en galego aparece "contorno" coa acepción   
"Territorio que rodea un lugar ou unha poboación", tanto portugués coma 
castelá só aparece contorno "perímetro dun corpo" pero nunca como a extensión 
que rodea a algo...

Logo, CONTORNA, VOLTA, REDONDA son sinónomos perfectos de CONTORNO para a 
acepción "territorio que rodea..." . 

Logo temos AMBIENTE que é o "que rodea un corpo ou constitúe o medio onde se 
está"

Penso que calquera combinación  das seguintes sería perfectamenta 
conceptualmente válida:

CONTORNA/VOLTA/REDONDA/CONTORNO/AMBIENTE  de ESCRITORIO.

Igual "ambiente" (inda que foneticamente soe pior, per me) parece que 
complementa a metáfora do escritorio mellor pois non é só o que "rodea a" 
senón "o que rodea a" ou "constitúe o" onde se está. Non é só que que vemos 
senón onde estamos mailo que alí temos para traballar. 

Xa non dou + o coñazo con isto, sería máis cómodo dicir "escritorio" pero 
daquela éntrase en conflicto co significado de "desktop".  

OPINIÓNS??

Responderlle a