Boas

Leandro Regueiro escribiu:
Xunto varias respostas nunha.

Pax. 25
utilízanse unicamente no fin do enunciado
fin neste caso non é feminino?
En galego "fin" non pode ter ambo-los dous xéneros, coma "mar"?

En galego "fin" si parece ter os dous xéneros, pero con significado
diferente, cousa que cria que non era así e resulta que o digalego di
que si. Pero "mar" sempre foi de xénero masculino, coma o leite ou o
sal.


En canto ao algoritmo de tradución, eu penso que o portugues de portugal
e
de brasíl si teñen sentido ter unha atención especial, mais o español
debería ter o mesmo trato que as restantes linguas romance (catalá,
italiano...)

Deberiase contar co máximo de opcións. Iso si, algunhas linguas son
máis próximas á nosa ca outras, pero polas traducións que levo vistas
e tendo en conta que non son un experto en linguas nin moito menos,
insisto en que o portugués brasileiro se parece máis ó galego có
portugués europeo.

Pax. 41
Nomes de lugares = nomes propios = non se traducen.
Temos que volver discutir o tema? Deixámolos en inglés logo?

Non, só é unha opinión.

Pois o dito, que nas cousas que nós traducimos aparecen as cousas na
versión inglesa, e non penso intentar buscar como é o nome dunha
cidade de siberia en ruso, que senón xa botariamos aquí a vida.
Ademais temos o problema doutras linguas con alfabetos diferentes,
pretendes que usemos os seus alfabetos que nin sequera damos lido
(caso da maioría das 14 linguas oficiais da India, xa non falo de como
lle deberiamos chamar á India, porque hai 14 idiomas oficiais)?

Eu non pretendo nada Leandro :-) , xa dixen que é unha opinión en coherencia co que prefiro que se aplique aos topónimos en galego (a non tradución). Penso que isto xa o teño comentado, se un toponimo (ou nome propio), non se adapta á nosa grafía e non queda máis remedio que facelo, pois faise e listo. É neste caso no penso que si hai que buscarlle unha grafía adaptada á nosa (mais non unha tradución), que entendo neste caso sería aproximación á súa pronunciación.

Vou tratar de por un exemplo aínda que non sei se empeorarei a cuestión:

Tradución en base a significado: New York > Nova Iork. (como a grafía se adapta eu non traduciría) Washington. Seguindo a regra de arriba (que non comparto) non se traduce en base a significado(¿por que?).
Exemplo de grafía a daptada para min sería
(caracteres chinos) > Beixín (non sei se é o caso de que soe así porque non sei chino, é só un exemplo) (mesmos caracteres chinos que arriba) > Arbore de Leña (isto sería tradución en base a significado)

Mais eu non son experto e poida que un experto poida argumentar mais cousas, en contra ou a favor, que sexan diferentes de que sempre foi, xa está moi estendido, todo o mundo... E todo isto referido á escita. E insisto opinión, eu non impoño nin pretendo nada mais que dicir o que penso, se a alguén lle vale estupendo e se non tamén. Que borde parece que me quedou isto, non é a miña intención. ;-)


Relacionado co anterior, ou non. A min persoalmente gústame máis por
exemplo
Manexador de textos. Hai quen distingue, procesador de textos (writer,
word... texto enriquecido) editor de textos (gedit, nano, vi... texto
plano)
Eu prefiro non facer distinción e chamarlle Manexador de textos.
O de procesador de textos penso que que está asentado de máis coma
para cambialo agora
Tamén é unha opinión, procesador de textoa a min valeme mais non me gusta
editor de textos.

Para min un editor de texto e un procesador de texto son cousas
diferentes, ainda que o procesador poida actuar coma un editor de
texto.
Para min tamén, é en editor de texto onde prefiro a denominación de manexador de texto. Pois pareceme que se aproxima máis ao que é. Edit > editar é na maioría dos casos unha mala tradución que se foi asentando, incluso o digalego xa recolle unha acepción para informática (Preparar os datos para operacións posteriores.) Eu prefiro recuperar unha tradución máis correcta. Nótese que digo prefiro. ;-)

Responderlle a