2008/11/16 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> Pero primeiro hai que definir como é o glosario que nos fai falta a
> todos e despois intentar facelo cun subconxunto de TBX. Non sei
> exactamente que cousas queredes reflexar no glosario, pero eu estou
> facendo a miña propia proposta. Agardo ideas sobre todo por parte de
> mancomun e das empresas, que igual son os que máis poden aportar, e
> gustariame falar con Antón do tema este para saber que pensa el do
> tema.

Pois até onde eu sei, Lokalise ten a funcionalidade de glosario, e
utiliza un formato ISO para iso, e pola rede aparece como que é tbx.

@Miguel: Esta é unha desas cousas que hai que levar +- preparadas para
o obradoiro. Eu non teño posibilidade de instalar kde4 por agora, así
que deberíamos contar co teu portatil para servir de "relator". O meu
pode valer, para cousas máis pontuais, pero con kbabel.

Segundo está documentado, o funcionamento é algo así como: activar o
glosario, sinalar no msgid un texto, procurar no glosario, escoller
unha entrada nel e inserila no msgstr. As entradas no glosario poden
ser palabras, frases feitas e phrasal verbs, ou expresión habituais
("By enabling this ...."

Xa que logo, como é o glosario que preciso? pois como o que manexa o lokalise.

Unha curiosa característica desté é que, afaik, o glosario debe ser un
ficheiro local. Isto habería que modificalo para que estivese acesíbel
mediante un kioslave (obtelo por svn, ftp ou semellante).

Responderlle a