Acabo de subir a http://webs.uvigo.es/miguelsolla/gl_ES.zip a versión de
probas da revisión do verificador que fixen durante o Nadal.

Breve descrición das mudanzas:
- O dicionario parte dunha extracción do VOLG con data do 14/12/2008.
- Revisouse a morfoloxía dos paradigmas e a concorrencia de pronomes de
persoais enclíticos á forma verbal.
- Adicionáronse paradigmas flexivos e de enclíticos (ata tres dativos e
acusativo nalgúns casos) segundo o tipo de construción sintáctica que admite
cada entrada de dicionario (transitiva intransitiva e/ou pronominal) .
- Adicionáronse paradigmas para os verbos con construción defectiva e
impersoal.
- Tanto o arquivo dicionario coma o arquivo de afixos están comentados
morfoloxicamente (se alguén quere facer probas de depuración, que probe o
analizador morfolóxico, por favor) ;).
- O resto do dicionario (todas as entradas que non son verbos) correspóndese
coa versión anterior (salvo en que se suprimiron as formas ía ías ían cómpre
e cómpre que agora se xeran desde o seu lema de dicionario.

Breve descrición do comportamento:
- O verificador non admite (nin suxire) o pronome reflexivo de terceira
persoa (se) enclítico a formas verbais de primeira ou de segunda persoa.
cómose andádesse ...
- Non admite (nin suxire) pronome persoal acusativo de terceira persoa en
verbos que só son intransitivos:
morreuno abondádelas
- En determinados contextos, non verifica como formas correctas construcións
sintácticas con interferencias sintácticas (reflexivo con verbos
transitivos) do castelán do tipo bebinme o leite.
- A construción pronominal non admite o enclítico acusativo de terceira
persoa:
Admite: había colonia e botámola; había colonia botámonos, había colonia e
botámonoslles
Non admite: había colonia e botámonos.

Tróuxochenosllelas

Ben, gustaríame moito que o probarades e que comentedes usos frecuentes que
corrixe ou que non corrixe... (agradecería que as mandásedes á lista ou a
min persoalmente) con carácter previo a enviarllo a mancomún a ver se pode
meter na versión gpl.
Quedan aínda un par de cousiñas pequenas por facer pero en principio é o que
hai.
Únome ao club dos taladrados (de verdade que hai unha chea de horas detrás).

Responderlle a