Acabo de ler un exemplo erróneo (creo que vou copiar os arquivos para o
verificador do firefox hoxe xa):
- A construción pronominal non admite, (pese a que o verbo admita ademais
unha construción transitiva ou intransitiva) o enclítico acusativo de
terceira persoa:

Admite: había colonia e botámola; había colonia botámonos, había colonia e
botámonoslles

Non admite: había colonia e botámonola.


2009/1/8 Miguel Solla <brado...@gmail.com>

> Acabo de subir a http://webs.uvigo.es/miguelsolla/gl_ES.zip a versión de
> probas da revisión do verificador que fixen durante o Nadal.
>
> Breve descrición das mudanzas:
> - O dicionario parte dunha extracción do VOLG con data do 14/12/2008.
> - Revisouse a morfoloxía dos paradigmas e a concorrencia de pronomes de
> persoais enclíticos á forma verbal.
> - Adicionáronse paradigmas flexivos e de enclíticos (ata tres dativos e
> acusativo nalgúns casos) segundo o tipo de construción sintáctica que admite
> cada entrada de dicionario (transitiva intransitiva e/ou pronominal) .
> - Adicionáronse paradigmas para os verbos con construción defectiva e
> impersoal.
> - Tanto o arquivo dicionario coma o arquivo de afixos están comentados
> morfoloxicamente (se alguén quere facer probas de depuración, que probe o
> analizador morfolóxico, por favor) ;).
> - O resto do dicionario (todas as entradas que non son verbos)
> correspóndese coa versión anterior (salvo en que se suprimiron as formas ía
> ías ían cómpre e cómpre que agora se xeran desde o seu lema de dicionario.
>
> Breve descrición do comportamento:
> - O verificador non admite (nin suxire) o pronome reflexivo de terceira
> persoa (se) enclítico a formas verbais de primeira ou de segunda persoa.
> cómose andádesse ...
> - Non admite (nin suxire) pronome persoal acusativo de terceira persoa en
> verbos que só son intransitivos:
> morreuno abondádelas
> - En determinados contextos, non verifica como formas correctas
> construcións sintácticas con interferencias sintácticas (reflexivo con
> verbos transitivos) do castelán do tipo bebinme o leite.
> - A construción pronominal non admite o enclítico acusativo de terceira
> persoa:
> Admite: había colonia e botámola; había colonia botámonos, había colonia e
> botámonoslles
> Non admite: había colonia e botámonos.
>
> Tróuxochenosllelas
>
> Ben, gustaríame moito que o probarades e que comentedes usos frecuentes que
> corrixe ou que non corrixe... (agradecería que as mandásedes á lista ou a
> min persoalmente) con carácter previo a enviarllo a mancomún a ver se pode
> meter na versión gpl.
> Quedan aínda un par de cousiñas pequenas por facer pero en principio é o
> que hai.
> Únome ao club dos taladrados (de verdade que hai unha chea de horas
> detrás).
>

Responderlle a