Grazas polo traballo.
Penso que o instalei ben (procureo no cartafol o OO os dicionarios e substituín cos teus). O caso é que segue a marcarme como incorrecto
ligábel
priorizar
minusvalorada
retroalimentación
ubicación
Saúdos

Miguel Solla escribiu:
Acabo de subir a http://webs.uvigo.es/miguelsolla/gl_ES.zip a versión de probas da revisión do verificador que fixen durante o Nadal.

Breve descrición das mudanzas:
- O dicionario parte dunha extracción do VOLG con data do 14/12/2008.
- Revisouse a morfoloxía dos paradigmas e a concorrencia de pronomes de persoais enclíticos á forma verbal. - Adicionáronse paradigmas flexivos e de enclíticos (ata tres dativos e acusativo nalgúns casos) segundo o tipo de construción sintáctica que admite cada entrada de dicionario (transitiva intransitiva e/ou pronominal) . - Adicionáronse paradigmas para os verbos con construción defectiva e impersoal. - Tanto o arquivo dicionario coma o arquivo de afixos están comentados morfoloxicamente (se alguén quere facer probas de depuración, que probe o analizador morfolóxico, por favor) ;). - O resto do dicionario (todas as entradas que non son verbos) correspóndese coa versión anterior (salvo en que se suprimiron as formas ía ías ían cómpre e cómpre que agora se xeran desde o seu lema de dicionario.

Breve descrición do comportamento:
- O verificador non admite (nin suxire) o pronome reflexivo de terceira persoa (se) enclítico a formas verbais de primeira ou de segunda persoa.
cómose andádesse ...
- Non admite (nin suxire) pronome persoal acusativo de terceira persoa en verbos que só son intransitivos:
morreuno abondádelas
- En determinados contextos, non verifica como formas correctas construcións sintácticas con interferencias sintácticas (reflexivo con verbos transitivos) do castelán do tipo bebinme o leite. - A construción pronominal non admite o enclítico acusativo de terceira persoa: Admite: había colonia e botámola; había colonia botámonos, había colonia e botámonoslles
Non admite: había colonia e botámonos.

Tróuxochenosllelas

Ben, gustaríame moito que o probarades e que comentedes usos frecuentes que corrixe ou que non corrixe... (agradecería que as mandásedes á lista ou a min persoalmente) con carácter previo a enviarllo a mancomún a ver se pode meter na versión gpl. Quedan aínda un par de cousiñas pequenas por facer pero en principio é o que hai.
Únome ao club dos taladrados (de verdade que hai unha chea de horas detrás).

Responderlle a