2009/1/12 Miguel Solla <brado...@gmail.com>:
> A ver. Entendo que hunspell e myspell son basicamente a mesma cousa
> (hunspell ten regras de composición que precisa o húngaro a maiores, pero
> dubido que lle teña que afectar ao galego), O caso é que se instalas
> hunspell (coas LOCALES en gl), ten como paquete dependente o myspell-gl-es
> (que instala o corrector en mínimos, supoño que creado automaticamente das
> versións anteriores de ispell con ispellaff2myspell, pero tampouco che sei).
> O enchant, por omisión, vai ir buscar o corrector de myspell que estea
> instalado. Non sei se é preciso poñerse en contacto con quen forneza a
> distribución de myspell, pero hai mensaxes na lista de contactos para a
> creación dunha nova versión de hunspell, que, na miña opinión, debe ter en
> conta esta particularidade: o dicionario e a arquivo de afixos que vai usar
> hunspell non se instalan co propio hunspell, senón co paquete de myspell da
> lingua en cuestión

Non me vou meter aquí, ainda que comento que o mantedor dos paquetes
dos diferentes correctores para o galego creo que me dixera que non ía
manter máis o paquete para o myspell.

> Respecto a que poedit use enchant, creo que estás completamente errado.
> Podes poñer todos os arquivos que queiras nos directorios de enchant, que
> poedit vai buscar o dcionario e os afixos ao directorio de myspell (a
> diferenza de gedit, lokalize... que van usar os de enchant, se existen, e,
> se non, os de myspell). Tamén é interesante que o wodrforge deixa ir buscar
> os arquivos ao directorio que queiramos.

Depende de que versión de Poedit e da túa distro esteas usando. Na
miña non usa o enchant porque non ven compilado para usalo.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a