Pois paseaba polo correo e decidín preguntarvos, se non é molestia:


Probastes xa o Galinux ese? Acabo de ler que presentaron a cousa ésta vai un mes, non coñecía o asunto ata agora porque vin un anuncio na prensa hoxe mesmo.

¿Que é, Ubuntu 8.10 cos logotipos da Consellaría de Industria e da Xunta como fondo de escritorio? ¿Ou ten algo máis, como o incríbel "metapaquete que define un paradigma de escritorio ofimático multimedia aplicable a cualquier distribución"?


PD: Si, recoñézoo, non aguantaba as gañas cando lin o do paradigma ;) e sinto intervir
na lista (por unha vez que o fago) para non falar de tradución.


Responderlle a