2009/2/8 Marce Villarino <mvillar...@gmail.com>:
> @Leandro (principalmente):
>
> Pois que como xa estou con Lokalize (ao final púxenme coa 4.2, dos
> repositorios indicados en debian-desktop),xa teño a funcionalidade dos
> glosarios tbx.
>
> Subín un, máis como proba da idea que outra cousa, que está a dispor
> de quen queira votarlle un ollo en:
> http://websvn.kde.org/trunk/l10n-kde4/gl/terms.tbx
>
> Agora: podería alguén a quen lle rule o wordforge facer un glosario con
> esta ferramenta e enviarmo, para comparar o formato?

Ainda estou cos exames a voltas, así que non teño moito tempo. Para a
semana que ven xa terei tempo para enredar.

Co wordforge non volvín ferrallar dende a akademy, e ali non me ía, se
mal non lembro (ou era o virtaal). En todo caso o que me ía dos dous
cascaba a metade do tempo.

Mirarei despois o exemplo, así a simple vista é coma os exemplos que
hai para o ruso ou o xaponés... e sigo sen verlle o sentido a que use
ntig!!

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a