Ola de novo,
estou arranxando algo o glosario.

O glosario propón para "buffer" as traducións: "buffer" e "memoria
intermedia", e no comentario recomenda o termo en inglés para evitar
confusións aínda que existan posíbeis traducións como "memoria
intermedia" ou "almacenamento temporal". O glosario de Mancomún
recomenda "búfer", igual cá terminoloxía de Microsoft. Se buscamos nas
traducións, a base de datos (incompleta posto que falta OpenOffice)
devolve os seguintes resultados:

búfer --> 47
GNOME:  45
KDE:  2

buffer --> 24
Debian Installer:  1
GNOME:  4
KDE:  18
SUSE:  1

almacenador intermedio --> 2
XFCE:  2


Eu pola miña parte escollería "búfer". Vós diredes.

Ata logo,
                       Leandro Regueiro

Responderlle a