Miguel Bouzada escribiu:


2009/5/16 Miguel Branco <bandu...@gmail.com <mailto:bandu...@gmail.com>>

    info: http://cpapx.xunta.es/portal/secretaria/asociacions.htm
    anexo: papelame completa

     >Que asociacións se inscriben no Rexistro de Asociacións da Xunta
    de Galicia?
     >Inscríbense as asociacións sen ánimo de lucro, así como as
     >federacións, confederacións e unións de ámbito galego

    no problem

     >Onde rexistrar a asociación? Se é unha asociación de: ámbito
    autonómico:
     >Rexistro Central de Asociacións.Conselleríade Presidencia,
     >Administracións Públicas e Xustiza.

    sería de ambito autonómico, non provincial, así que en Santiagho en
    presidencia


+1


     >Cómo rexistrar unha asociación?
     >Documentación a presentar mediante orixinal ou certificado, por
    duplicado:
     >Solicitude* dirixida ao rexistro competente (ver apartado anterior). A
    solicitude debe realizarse, cando menos, por un dos promotores ou
    fundadores.

     >Acta fundacional* que debe conter: nome e apelidos,  NIF,
    nacionalidade e
    domicilio dos promotores; a vontade de constituír a asociación, a
    elección da
    Xunta Directiva; lugar, data e sinaturas dos promotores ou dos seus
    representantes. Se son persoas xurídicas: certificación do acordo do
    órgano
    competente e designación persoa física.

    tranquilos, non hai tanto que cubrir. Sería xuntarnos todos os
    interesados,
    traer fotocopias do DNI, levantar acta de constitución, firmala,
    decidir o
    presidente... e firmar os estatutos e presentar iso en Presidencia.

     >Estatutos*, co contido que establece a Lei orgánica 1/2002, de 22
    de marzo,
    reguladora do dereito de asociación, data e sinatura do socios
    promotores en
    todas as súas follas.

    Temos o modelo do GPUL, gracias Tsao,que nos vale perfectamente.
    Dádeme 3-4
    días e presento un borrador que poidamos discutir.


+1

     >Xustificante do pagamento da taxa prevista**.
     >Número de persoas precisas para constituír unha asociación: Tres
    ou máis
    persoas físicas ou xurídicas. O mesmo número se se trata dunha
    federación,
    confederación e unión de asociacións de ámbito galego.

    estimo que anda sobre dos 100€ o rexistro

     >Denominación da asociación.
     >Non pode coincidir con outra previamente inscrita. Se a
    denominación non
    figuraen galego ou en castelán, debe achegarse certificado asinado
    pola mesma
    persoa que presenta a solicitude no que se expoña a tradución.

    Non temos problema coa denominación. Valería:
    Asociación Trasno
    ... pero é necesario dicir "asociación" e recoméndase seguir cunha
    especificación do que a asociación fai seguida do nome desta: ie.
    Asociación para a Localización de Software Libre ó Galego Trasno


+1



    O maior problema é o domicilio fiscal. É posible que outra
    asociación nos
    permita aloxamento: teñen que firmar en asamblea que nos ceden o
    local para as
    nosas actividades.


Nas asocs. de recente creación, que se supón non dispoñen de medios económicos, é costume empregar o domicilio do/a presidente/a e as veces o do/a secretario/a ou tesoureiro/a, como sé social, e esta é a súa vez a sé fiscal.

Eu participei na constitución de duas asocs, unha provincial e unha autonomica e foi dabondo con empregar o domicilio do presidente.
Poida que sexa unha boa opción, aínda que sexa por ter un acceso rápido ao correo postal. Para o aloxamento dos servizos web penso que o gpul pode botarnos unha man, haberá que ver se nos deixan por unha máquina no seu local.





    Por último, as asociacións de máis de dous anos poden solicitar a
    declaración
    de 'utilidade pública' que reporta beneficios fiscais e administrativos.
    Trasno, pola propia natureza do asunto, podería serlle concedida nalgún
    momento.

    Saúdos,

    Miguel Branco




--
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org <http://jabberes.org> e na sala galpon_min...@conf.jabberes.org <mailto:galpon_min...@conf.jabberes.org>

Responderlle a