Leandro Regueiro escribiu:
pois que non te[mo|de]s «to hover» no glosario!

De momento o open-tran dí que foi traducido como:
-pousar
-sobrevoar (que non é que sexa moi correcta máis que se estamos a falar de voo
estacionario)
-pasar por riba/enriba/encima

Unha posibilidade máis sería «pairar», ou «estacionar».

"pairar" co significado "Sosterse no aire un paxaro sen apenas mover
as ás." non me parece mal de todo en canto á idea, pero veña, un
punteiro non é un paxaro... penso que sería preferible o de "pasar por
riba" xa que queda moito máis claro e así os usuarios non teñen que
coller o dicionario.

se hai unha palabra que serve mellor, se hai que coller o dicionario non é problema éo mais encher de texto e usar definicións no canto de termos por minguar os mesmos.

Ata logo,
                       Leandro regueiro


Responderlle a