2009/5/26 mvillarino <mvillar...@gmail.com>

> Olá,
>
> xusto veño de ler así por riba a proposta de estatutos, non puiden ler
> toda a conversa, así que tal vez o que comente aquí sexa repetido.
>
> Comentarios:
> -Denominación da asociación (art. 1.1): Podería ser "Asociación para a
> localización de S.L. Proxecto Trasno" (engadido da palabra Proxecto).
>
> -Fin da asociación (art. 5.1): Penso que deberíamos facer referencia
> explícita a "Desenvolver software libre, incluíndo as fases de deseño,
> programación, documentación, probas de funcionamento, accesibilidade,
> internacionalización, marketing e servizo técnico", e no art. 5.2 ­¾
> do mesmo: para levar a cabo os fins poderá... e outros medios e
> similares, como programas informáticos tanto de infraestrutura como de
> aplicación.
>
> -No art 6.1.1: Voluntarios que traduzan ou desenvolvan software
> libre.... E quitar a nota final do artículo, que debe detallarse no
> artículo correspondente.
>
> -No art. 13, quitar as referencias a vicepresidente e a vogais (e de
> onde máis aparezan), deixando só un Presi, un Secretario, un
> Tesoureiro, e unha estrutura de delegación de autoridades.


O vicepresidente creo que é necesario, pois é o que por "dereito" substiue ó
presidente e o secretario,  se esta está maluco, de viaxe etc...

Caso contrario, imaxinemos ($DEITY non o queira) que o presi pasa tres meses
na cama ou que sae de viaxe inesperado durante 5 meses. as funcións pasan
por dereito ó vicep'residente, así mesmo, senon se indica o contrario, en
ausencia do secretario é o vicepresidente o que fai as funcións de tal,
habería que convocar eleccións urxentemente para endereitar a xunta .


>
>
> Motivacións:
>
> Respecto da composición da directiva:
> Da miña experiencia na directiva da asociación de viciños da miña
> parroquia: mellor poucos cargo, porque despois non hai xente, e de
> habela sempre se poden facer vogais, pero nos estatutos mellor non
> facelos por narices. Renovación bienal do cargo: ok, non teñen por que
> ser todos á vez (non é broma).
>
> Respecto dos fins:
> Ampliar o eido, por deixalos dentro do software (FLOSS) pero permitir
> máis posibilidades, como poder dar financiamento para o
> desenvolvimento picacódigo do gtr^H^H^Hlokalize, como fixo esta
> fundación holandesa ou belga, con Shaforo, escribir e editar manuais
> etc.
>
> Polo demais, xa me tarda estar na asembleia constitutiva !
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a