Aquí vai a miña última proposta de estatuto para a asociación de Trasno. Se queredes facer correccións menores, seguirei ocupándome de as facer. Se non hai consenso, desisto de redactar o estatuto, polo menos, ata Outubro.
Como opinión, co tema político actual, penso que é necesario aprobar un estatuto xa, CALQUERA, e fundar Trasno como asociación. Se vemos que non funciona modificámolo a posteriori. Modificacións importantes: 1. Directiva: presidente, vicepresi, secretario e tesoureiro. Eliminar vicepresidente dáme dor de cabeza xq hai q encaixar as cousas á hora de redactar. Total, é un cargo, IMHO, "figurín". (se alguén se anima a eliminalo, adiante!) 2. Votacións a presidente e vicepresidente ó estilo Fedora (votación con rango: ordénanse os candidatos por preferencias do 1 ó 7, 7 = + preferido, p.ex, sae o que máis puntos teña. O 1º presi, o 2º vicepresi. Exemplo aquí: http://nigelj.fedorapeople.org/feg/ 3. Secretario e tesoureiros elíxeos o presidente, ratifícaos a asemblea (igual se pode eliminar o da ratificacións, non? dácheme igual, a verdade). 4. Votación electrónica: vótase por correo os cinco días antes da asemblea, unha persoa encárgase de facer de 'chairman' da votación e manter o secreto do voto. Se fai pucheirazo, fóra da asociación. Así pode votar todo o mundo inda que non poidan ir á asemblea. 5 Nas asembleas pódese delegar voto. P.ex. eu pódolle firmar a Marce unha autorización para que vote por min 6. As decisións ordinarias (drupal ou joomla?, facemos unha reunión en Vigo ou en Lugo?...) vótanse por internet. Isto reduciría o número de asembleas extraordinarias que habería que facer, supoño. Todo o que engadín/modifiquei non o inventei eu: son cousas que se usan en fedora e KDE ev, e practicamente dun xeito literal. Entendo que poderiamos funcionar así sen problema. PD: Recibistes este correo por andar habitualmente/ás veces por Trasno, e probablemente dúas veces. Síntoo pero a xente parece andar de vacacións e considero importante o tema. Agradécese que contestedes coa vosa opinión, a que sexa (p.ex. paso de asociarme, tal punto non me gusta, ata o 15 estou en Pachá Eivissa). Grazas!. saúdos! Miguel Branco
estatutotrasno.odt
Description: application/vnd.oasis.opendocument.text
estatutotrasno.pdf
Description: Adobe PDF document