Boas, Onte foi publicada a versión 4.3 de KDE. Os amantes das estatísticas notarán, con pena, que a porcentaxe traducida baixou ao 97% (con 1060 mensaxes dubidosas e 1085 non traducidas).
As áreas nas que baixamos foron nos módulos qt, kdeutils, kdesdk e kdegames, o resto teñen caídas mínimas. Os colaboradores activos para esta versión e as áreas de traballo foron: -Xosé Calvo: extragear-graphics, kdepim, kdereview, extragear-network, kdenetwork, playground-pim e kdevplatform. -Manuel A. Vázquez: kdeedu/kalgebra -Miguel Branco: kdenetwork, koffice, playground-multimedia, extragear- multimedia/amarok, kdeedu (kalzium, kturtle, marble) e kdebase/plasma_engine_weather E posibelmente outros ficheiros ou módulos, porque isto é só de dous meses para acó. -Marce Villarino: Revisión ortográfica do playground, kdeaccesibility, kdeadmin, kdeartwork, kdebase, kdelibs, kdepimlibs, qt e kdsdk (en marcha). Si, non lle topei a nada novo agás o que fose habendo neses módulos. As perspectivas futuras, no que a min se refire, pasa por rematar a revisión de kdesdk e logo facer algo de traballo novo nos módulos aos que lles falte pouco en 4.3, facendo sincronización secundaria con trunk. E despois, seguir repasando a ortografía. Con efeito: eu vou sacrificar a % en prol da robustez do traballo feito, de tal maneira que non máis haxa que facer outra pasada exhaustiva agás, talvez, por un arrouto de c14n. En outra orden de cousas, até agora, tras recibir unha remesa de traballo e facer a entrega, viña reenviando unha notificación que recibo ao remitente do traballo. Estou pensando en deixar de facelo, quen estea interesado en coñecer o traballo que está a realizar o equipo pode obter esa información, tanto deles mesmos como do resto do equipo, en http://commitfilter.kde.org/ Creádesvos unha conta (consultade a axuda) e engadides un filtro (manualmente) para a compoñente /trunk/l10n-kde4/gl/ ou /branches/stable/l10n-kde4/gl. A quen non o pida explicitamente non lle reenviarei máis a notificación