> Onte foi publicada a versión 4.3 de KDE. Os amantes das estatísticas > notarán, con pena, que a porcentaxe traducida baixou ao 97% (con 1060 > mensaxes dubidosas e 1085 non traducidas).
e que a familia de programas de KDE vai sempre increcendo, piano piano ma increcendo... e nótase Igualmente, un 97% é unha moi honrosa posición, autofelicitémonos!!! hehehe > As áreas nas que baixamos foron nos módulos qt, kdeutils, kdesdk e > kdegames, o resto teñen caídas mínimas. os máis coñazo, vamos > > As perspectivas futuras, no que a min se refire, pasa por rematar a > revisión de kdesdk e logo facer algo de traballo novo nos módulos aos que > lles falte pouco en 4.3, facendo sincronización secundaria con trunk. E > despois, seguir repasando a ortografía. oido cociña > Con efeito: eu vou sacrificar a % en prol da robustez do traballo feito, de > tal maneira que non máis haxa que facer outra pasada exhaustiva agás, > talvez, por un arrouto de c14n. c14n?? lol > En outra orden de cousas, até agora, tras recibir unha remesa de traballo e > facer a entrega, viña reenviando unha notificación que recibo ao remitente > do traballo. Estou pensando en deixar de facelo, quen estea interesado en > coñecer o traballo que está a realizar o equipo pode obter esa información, > tanto deles mesmos como do resto do equipo, en > http://commitfilter.kde.org/ por min ben