> non, non me pasei ao lado verde, é que este ficheiro contén traducións de
> protectores de pantalla que estou a reutilizar en KDE, tra-la suxestión de
> Yuri Chornoivan (do equipo ucraíno).

Pois case é mellor que comeces de cero, e despois nós reutilizamos o
teu traballo. As traducións de OpenSuse precisan moita revisión, tanta
que nalgúns ficheiros eu optei por comezar de cero, o que quere dicir
que tiña que cambiar máis da metade das traducións.

Ti sigue azul :)

> Pois resulta que está esta tradución:
>
> Julia => Xulia.
>
> Resulta que moi posibelmente pode ser incorrecto; seríao no caso de referirse
> a certo tipo de figuras fractais. Neste caso ese «Julia» é o apelido dun
> matemático chamado «Gastón Julia», e polo tanto non debería tocárselle o
> apelido (Julia => Julia).
>
> No límite oposto, caso de realizar a tradución, proporía traducir «Benoit
> Mandelbrot» por Bieito Mazapán.

Moi boa :)

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a