Reenvío.

2009/9/21 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> Olá!
>
> Eu persoalmente traduzo "developer" como "desenvolvedor" xa que:
>
> - Desenrolador: derivado de desenrrolar, enrrolar ex. enrrolar un pergamino.
>
> As paricións de desenrolador en GNOME son incorrecións de versións
> antigas e que estimamos que na seguinte versión estean corrixidas todas.
>
> Por certo que ao longo de esta semana está sendo o curso de verán
> http://www.usc.es/osl/lingua/ Software Libre e Lingüistica con unha
> participación extraordinaria. 70 e algo inscritos con maioría das distintas
> filoloxías. Hoxe estivemos Marce, Miguel Branco e mais eu.
> Realmente moi boas vibracións do mesmo.
>
> Saúdos
>
> 2009/9/21 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>
>> 2009/9/20 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>> >> Saudos.
>> >>
>> >> Non sei se vos pasou algunha vez a vos. A min, hai certas palabras cuxo
>> >> significado me resulta tan obvio que nunca me paro a pensar se
>> >> realmente
>> >> coñezo a súa tradución correcta ata que teño que usala.
>> >>
>> >> "Developer" é unha desas palabras.
>> >>
>> >> Sei que "to develop" tradúcese como "desenvolver" [en castelán
>> >> "desarrollar"].
>> >>
>> >> "Developer", en castelán tradúcese por "desarrollador", pero ¿cal é o
>> >> termo
>> >> correcto en galego? ¿"Desenvolvedor"?
>> >>
>> >> Claro que, o anteriormente mencionado só se aplica ao ámbito da
>> >>  "Information Tecnology" ou informática.
>> >>
>> >> Cónstame que, en outros ámbitos debe traducirse de xeito distinto, por
>> >> exemplo un "Land developer" sería un "Promotor inmobiliario" ou,
>> >> segundo
>> >> wordreference e o merrian webster, tamén se coñece como "developer" o
>> >> "revelador químico" usado en fotografía.
>> >>
>> >> Como o traducides vós? Porque estou seguro que nalgún proxecto tivo que
>> >> aparecer.
>> >
>> > No contexto da Computation, 'developer' é «desenvolvedor».
>>
>> desenvolvente --> 115
>> KDE:  114
>> SUSE:  1
>>
>> desenvolvedor --> 54
>> GNOME:  9
>> KDE:  40
>> SUSE:  1
>> XFCE:  4
>>
>> programador --> 14
>> KDE:  14
>>
>> desenrolador --> 5
>> GNOME:  5
>>
>>
>> No glosario de Trasno non ven, aínda que indica que "develop"  e
>> "development" se traducen como "desenvolver" e "desenvolvemento". No
>> de Mancomun propoñen "desenvolvedor" e "programador".
>>
>> Eu persoalmente tradúzoo como "desenvolvedor" e podo dicirche que o de
>> "desenvolvente" é cousa de Marce. Por certo, "desenrolador" é algo ou
>> alguén que desfai rolos, así que non se pode aplicar.
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>
>

Responderlle a