Boas,

estou máis contento que un cativo con zapatos novos...
ao mellor porque teño «zapatos» novos:
$ pomtrans.py -f en -t gl -a"&" apertium  gl/messages/koffice/kexi.po

pomtrans.py forma parte do pology, que está en (por exemplo) 
websvn.kde.org/trunk/l10n-support,

Serve para realizar traducións automáticas empregando Apertium (está nos 
repositorios da Debian).
Hai que ter en conta que é preciso instalar os ficheiros específicos para 
traducir de inglés a galego, e iso en Debian hai que facelo compilándoos, e
indicándolle a ./configure o parámetro --prefix=/usr/

Os resultados son un pouco macarrónicos, pero en xeral serve como base para ir 
revisando liña por liña.

Responderlle a