> estou máis contento que un cativo con zapatos novos...
> ao mellor porque teño «zapatos» novos:
> $ pomtrans.py -f en -t gl -a"&" apertium  gl/messages/koffice/kexi.po
>
> pomtrans.py forma parte do pology, que está en (por exemplo)
> websvn.kde.org/trunk/l10n-support,
>
> Serve para realizar traducións automáticas empregando Apertium (está nos
> repositorios da Debian).
> Hai que ter en conta que é preciso instalar os ficheiros específicos para
> traducir de inglés a galego, e iso en Debian hai que facelo compilándoos, e
> indicándolle a ./configure o parámetro --prefix=/usr/
>
> Os resultados son un pouco macarrónicos, pero en xeral serve como base para ir
> revisando liña por liña.

E foi isto o que vistes no curso de verán ao que non me dixestes que iades ir?

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a