Boas, xente,

preciso a axuda dalgún programador (preferentemente) cunha serie de
palabriñas que atopei no Geany (practicamente, é o que falta da tradución):

singleton (penso que ha acabar sendo "instancia única")

make
build
compile

Estes tres casos (e outros, supoño) habería que ilos fixando. Neste programa
pódese ver a que se refire cada cousa botando un ollo á captura que mando
(aínda que esas ordes pódense cambiar por outras a gusto do consumidor,
vaia).

tag (como en ctag)(http://ctags.sourceforge.net/ctags.html) (penso que
"etiqueta" ha valer a non ser que algún programador comente que xa se está a
empregar outra tradución para este ámbito)
Type constructors (construtores de tipo?)
http://en.wikipedia.org/wiki/Type_constructor
Forward declaration (declaración incompleta/parcial...?)(
http://en.wikipedia.org/wiki/Forward_declaration)


Defines (Definicións do/para o preprocesador? non traducir?)
Includes (traducir? "este programa fai 'includes' ao stdio.h e curses.h",
por exemplo) (inclusións?? ficheiros incluídos?)



Atopado no glosario da tradución do NetBeans:

singleton       instancia única singleton
build   construír       compilación
tag     etiqueta        marca



Pois... nada, que quen controle, que opine.
Agradecido,

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

<<attachment: compilar-build-make.png>>

Responderlle a