2009/10/10 Antón Méixome <cert...@certima.net>

> Desde o punto de vista do galego
>
> parceiro = socio =! par
>
> Francamente é un abuso da palabra parceiro, xa que este se refire a un
> réxime de explotación da propiedade, incluso en sentido amplo,
> parceiros non significa que estean "de par" senón "con parte". Un
> parceiro non é un colega nin un compañeiro, é un socio. Para min que
> peer é mellor sempre como "par". Ademais par dá moi ben o xogo con "ir
> á par, poñerse de par de..", emparellar, etc..
>
> Chamarlle "elemento do mesmo nivel" é unha paráfrase perfecta, unha
> explicación pero é un escaqueo na fixación dun termo.
>
> Hai tempo saquei o tema de "peer" na lista e, con menos explicacións
tecnicas eu defendía "par" pero a maioría impuxo o termo "parceiro", polo
que mudei todas as miñas traducións cara a "parceiro"


> Tamén considero que é mellor utilizar o verbo encontrar como forma
> neutral, xa que atopar ten un carácter de "sorpresa", de choque físico
> e para un estilo mais ben coloquial.
>
>
>

Nisto non concordo, levo toda a vida 8 eu e o meu contorno) empregando
atopar e nunca notei ese caracter de "sorpresa", si que encontrar se emprega
(as veces) no senso de
 Reunirse ou xuntarse dúas ou máis persoas no mesmo lugar.
Para min o froito dunha busca é atopar algo, por iso as veces determinada
orde non atopa un determinado ficheiro etc.

>
> El día 10 de octubre de 2009 22:19, Manuel A Vazquez
> <xixi...@yahoo.es> escribió:
> > Ola a todos:
> > Vedes ben esta tradución? Ten que ver coa sincronización NTP...
> >
> >
> > Specified synchronization peer not found.
> >
> >
> > Non se atopou o parceiro de sincronización especificado.
> > Vexo no glosario de trasno peer como "parceiro" e lin no histórico da
> lista que quedaba así, pero en thunderbird e demais vexo peer como "elemento
> do mesmo nivel".
> >
> >  Manuel A Vázquez
> > xixi...@yahoo.es
> >
> >
> >
> >
> >
> >
> > --
> > To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
> >
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a