O Domingo, 11 de Outubro de 2009 00:18:34 Antón Méixome escribiu:
> É dicir, se "parceiro" é un "peer" entón un "partner" que é ?

Un socio comercial, como quen é partner de HP, ou de OKI.

> Pois eu concordo contigo. O noso problema con find deriva de que o
> valor das palabras non é igual para todas as persoas e igual que hai
> acentos rexionais tamén hai "significados" que predominan ou se
> confunden segundo a zona, a idade, a formación, etc... Para que se
> entenda :

Polo que se refire a encontrar/atopar/achar, a miña opinión está na miña guía 
de estilo.

> Para algúns galegos "cheirar" significa percibir un aroma
> desagradábel, e cando é agradábel din "arrecende"; para outros pódese
> "cheirar ben" simplemente. Así que a norma tende a considerar "ulir"
> como neutral mentres cheirar ten un matiz chungo: "Iso que dis xa o
> cheiraba eu" (nada bo pode ser).

No mesmo senso: cheirame que se volte sacar o tema de peer /recéndeme a 
escolla de parceiro /fédeme ter que lle ande ás beiras a pares.
(Son consciente de que isto dito así pode comezar un flame.)

Responderlle a