Grazas pola resposta, José Manuel.
Ping ping, my admin tracked me down ;)

However, como traducirías 'unpingable' se non é algo como "Non se pode
verificar" e sen deixar a palabra en inglés?

Un saúdo, Manuel


2009/10/12 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>

> "Ping" éche unha palabra un tanto peculiar. Eu tiña entendido que
> "ping" nacera como unha onomatopeia, e mirando na wikipedia
> (http://en.wikipedia.org/wiki/Ping), parece que algo diso hai (cito):
>
> Mike Muuss wrote the program in December, 1983, as a tool to
> troubleshoot odd behavior on an IP network. He named it after the
> pulses of sound made by a sonar [...]
>
> É dicir, ping chámase ping porque é o "análogo" en computadores ao son
> que emite un sónar, un sinal que, de obter resposta, indica que aí hai
> algo.
>
> Para traducilo: poooois... podemos poñernos un pouco máis "técnicos" e
> cambiar ping por "paquete de solicitude de resposta" (como nome), e
> "mandar un paquete de solicitude de resposta" como verbo, ou obviar o
> de "paquete"... Pero non sei se isto ía quedar o suficientemente
> específico como para que se entendera...
>
> Persoalmente, "ping" e "facer ping" gústancheme bastante... Pero
> vaia... non son ningún experto en tradución nin nada.
>
> Máis opinións?
>
> 2009/10/12, Manuel Souto Pico <m.soutop...@gmail.com>:
> > Ola,
> > Revisando no Logaliza e no Open-tran [1] as traducións de segmentos con
> > 'ping' no inglés, tanto como verbo como como substantivo, vexo que a
> maioría
> > das veces está traducido como 'facer ping'. Tamén vin algunha como
> 'aplicar
> > o comando ping a unha máquina', mais non é representativo.
> >
> > Contodo, hai algunha tradución que prescinde da palabra 'ping', que é o
> que
> > estou procurando: unha maneira alternativa de traducir este termo que
> sexa
> > clara para o usuario leigo e aceptábel para persoas cun perfil máis
> técnico.
> > Encontrei, como verbo:
> >
> > ping the host > verificar o anfitrión
> > ping subnet > contactar coa subrede
> > ping local subnetwork > procurar na rede local
> >
> > No glosario de Trasno non vén e no de mancomún vén 'ping > ping' pero non
> se
> > especifica se é substantivo ou verbo.
> >
> > Non sei se a tradución de "facer ping" foi algo consensuado nalgún
> momento,
> > ou é un uso corrente que fan os informáticos (supoño que si), ou é algo
> > improvisado. De todas as formas, mesmo se é un uso corrente por parte de
> > informáticos, talvez conveña distinguir o uso coloquial que se fai cando
> se
> > falar de usar ese comando (no que sempre se menciona o comando) e un uso
> > máis formal en que o importante talvez sexa o significado da operación en
> si
> > e non tanto o comando que se usa.
> >
> > Parécevos que algunha das traducións expostas (*verificar*, *contactar*,
> > etc.) ou outra que se vos ocorra pode expresar o que fai o comando
> 'ping'?
> > Se si, parécevos posíbel e/ou desexábel traducir este termo con algunha
> > desas formas galegas? Pensades que sería aceptado?
> >
> > Unha aperta, Manuel
> >
>
>
> --
> Saúde,
>
> Chaves - http://chav.es
>

Responderlle a