Volvo a sacar un termo co que veño de atoparme:

"fingerprint"

empregase en referencia ao uso de dispositivos antropométricos (biométricos)
de lectura das xemas dos dedos.

Teño visto:
impresión dixital
pegada dixital

Dactilar:
*adx * Relativo ou pertencente aos dedos.

Dixital:
*adx*  Relativo ou pertencente aos dedos.
TECNOL
1 * * Relativo ou pertencente aos díxitos.
2 * * Aplícase aos sistemas de transmisión ou de tratamento de información
que empregan sinais discretos para a representación de datos en forma de
números ou letras.

Xa que "pegada dixital" está tamén asociado nalgunhas traducións ó relativo
a contrasinais, ssh, hash etc... e a connotación de "dato dixital" propoñe,
como xa fixen no seu momento, que para o caso de [aparellos de lectura de|a]
pegada dos dedos traduzamos "fingerprint" por "pegada dactilar" e así marcar
tamén o camiño ós futuros lectores de "fondo de ollo" como "pegada ocular"
etc...

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a