Lamento o retraso, pero a ponte fixo que quen me podía solventar dúbidas
fixera puenting dende o xoves e até onte a tardiña non me deu resposta, e ó
chegar a cas, preparando a cea "avariei" un dedo cun coitelo e non me era
doado escribir.

Despois de buscar información sobre os "Institutos" non atopei nada
dixerible e/ou interesante para nós, polo que fixen algunha chamada a
"asesores prifisionais" que como amigos deronme a súa opinión, que se resume
en:

A figura do "Instituto" só é interesante para aquelas asocs. que manexen
grandes orzamentos e máis concretamente para as que dependan de partidas
orzamentarias institucionais ou sostidas por doazóns de empresas ou
entidades "de maior calado".
Pode ter vantaxes fiscais (non pago do I,V.E. etc...) pero a cambio dun
réxime contable moito maís complexo.

Unha vez que coñecián as liñas xerais do noso proxecto a opinión foi:
"Non vos compre complicarvos a vida. Se co tempo xurden problemas pola
complexidade economico/contable xa vos veríades na necesidade de contratar
unha asesoría e pode que chegado ese punto si que se considere optar por
mudar os estatutos, cousa que non plantexa ningunha dificultade se hai
acordo da asemblea."

Do que (eu) deduzo... deixemos as cousas como están que polo de agora están
moi ben.

M.B.

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a